
AÃnda que o acto académico central de homenaxe terá lugar o 6 de outubro, ao longo de todo o ano tamén se programarán diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións.
Juan Rof Codina (El Prat de Llobregat, Cataluña, 31 de agosto de 1874 – Lugo, 31 de agosto de 1967) foi un dos principais impulsores da veterinaria en España. Terceiro fillo dunha modesta familia catalá, na que seu pai, Pablo Rof Xirinachs, tiña un taller de ferrerÃa e de labores de cerralleiro, Rof viuse obrigado a deixar a escola para axudalo no taller. Animado pola súa nai, Micaela Codina Portillo, desprazouse a Madrid para estudar na Escola Superior de Veterinaria, traballando primeiramente de mancebo nunha farmacia para costearse os gastos.
Obtivo o posto de tenente veterinario militar en 1898 e foi destinado a Lugo, onde naceu o interese polos problemas gandeiros de Galicia. O seu introdutor neste ámbito foi o veterinario Ramón Carballo, co que estableceu unha relación máis que profesional ao casar coa súa filla Concepción Carballo Lameiro. Xunto a outros técnicos agropecuarios da época, Rof Codina traballou arreo a prol da renovación técnico-produtiva da agricultura galega ao longo do século XX, destacando dous campos: a aplicación e divulgación de novidades zootécnicas e a posta en práctica de medidas de hixiene pecuaria para a mellora substancial do continxente gandeiro, para o que comeza a escribir artigos de difusión de boas prácticas; e a organización e valorización da profesión veterinaria en España.
A súa presenza na Galicia rural permÃtelle familiarizarse coas enfermidades máis difundidas na época, como o gripo – glosopeda ou febre aftosa– e a nacida –carbunco bacteriano–, converténdose no primeiro divulgador dos traballos de Pasteur sobre estas enfermidades. En canto a aspectos organizativos, foi tamén un decidido agrarista e participou en varias iniciativas destinadas a difundir o asociacionismo agrario, axudando, por exemplo, na creación de sociedades de seguros mutuos.
Defensor do patrimonio natural e cultural de Galicia
En 1901, tras un problema disciplinario cun superior, é trasladado a Granada, pero conseguirá regresar a Lugo ao ano seguinte e, despois de ascender ao grao de capitán, solicitou a excedencia. AsÃ, xunto ao seu cuñado Jesús Carballo, tamén veterinario, abriu en 1905 a primeira clÃnica veterinaria galega, que foi tamén a primeira do Estado no seu xénero, chamada a Gran ClÃnica Veterinaria de Lugo que conseguiu a representación exclusiva das vacinas do Instituto Pasteur para Galicia e Asturias. AsÃ, liderou as campañas de vacinación chegando a vacinar el mesmo a 250 cabezas de vacún nun só dÃa.
SerÃa tamén un dos máis destacados participantes do famoso faladoiro do Hotel Méndez Núñez, xunto a outros recoñecidos lucenses como Ãnxel Fole, Luis Pimentel ou Manuel MarÃa. En 1909 obtivo o posto de Inspector Provincial de Hixiene Pecuaria e trasladouse á Coruña, onde exerceu o cargo durante máis de vinte anos. Foi organizador de concursos de gando para o que inventou o Compás ou Bastón Rof (unha especie de pé de rei) para lograr unha máis perfecta medición nestes certames. Publicou a monografÃa “La raza bovina gallega”, un estudo no que se sentaron as bases do morfotipo do que logo serÃa a Raza Rubia Galega.
Juan Rof foi, asemade, un defensor do patrimonio natural e cultural de Galicia. O seu papel foi decisivo para preservar a Muralla romana de Lugo, fronte a unha iniciativa para o seu derrubo co propósito de “favorecer o crecemento da cidade”. O material de pedra, segundo o proxecto, serÃa empregado en obras como os portos da Coruña ou Ferrol. Os seus argumentos culturais e técnicos (o cálculo detallado dos carros tradicionais que serÃan necesarios para levar a cabo a operación) foron fundamentais para desbotar a idea.
En 1932 pasou a dirixir a Inspección Xeral Veterinaria en Madrid. Desde ese posto, centrouse no desenvolvemento e dignificación da ganderÃa. Trala Guerra Civil Española, o réxime franquista abriulle un expediente e foi condenado ao desterro en Tenerife, illa na que permanecerá ata 1941, data na que regresou de novo a Lugo. Na súa cidade de adopción xubilouse en 1944, aÃnda que permaneceu activo a través da Cátedra de Divulgación Pecuaria de Galicia, que el mesmo creara, ata a data da súa morte aos 93 anos. Nos seus últimos anos, foi nomeado Lucense do Ano (1964) e concedéuselle a Medalla de Ouro da Asociación Nacional Veterinaria (1965).
Ao longo de toda a súa vida escribiu unha inxente cantidade de artigos destinados a difundir as novas teorÃas nos terreos da agricultura e a ganderÃa. Entre as súas obras destacan “Galicia Pecuaria” (1927), “El color de la yema de huevo de gallina” (1951), “La avicultura en Galicia” (1952) ou “Nociones de avicultura” (1962). A maior parte da súa obra orixinal e da súa biblioteca persoal foi doada pola súa filla Carmen Rof Carballo á Biblioteca da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC, aÃnda que o Fondo Rof Codina está na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. Juan Rof Codina dá nome á Fundación Rof Codina –creada en 1994 e vinculada á USC– e ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina do Campus de Lugo.
A Xunta habilitou hoxe un apartado especÃfico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro dÃa 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aÃnda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.