
Como explica De Laiglesia, Postbabel é un proxecto concibido para o Espazo Nemonon, o que motivou que decidise centralo na arquitectura e, máis en concreto, nas cidades como elemento simbólico, a través das súas interpretacións dunha serie de propostas moi distantes. Así, na exposición pode atoparse unha recreación da Cittá ideale, deseñada por Leonardo da Vinci, como unha cidade hixiénica que debía construírse en tres niveis comunicados por escaleiras, que ideou despois de que a peste acabase, en 1484 e 1485, con practicamente a metade da poboación de Milán. Por outra banda, preséntase tamén unha recreación da Academia de Lagado, da cidade de Balnivari que Jonathan Swift ideou en As viaxes de Gulliver e na que había 500 investigadores que inventaban cousas completamente absurdas, sinala De Laiglesia. Outra das súas propostas é a recreación da illa de Utopía, presentada no libro do mesmo nome de Tomás Moro como unha comunidade na que estaba permitida a eutanasia e o divorcio, na que todo o mundo tiña dereito a vivenda e na que as persoas tiñan que traballar na agricultura polo menos durante un tempo.
A estas tres recreacións súmase a construción dunha cibercidade, que se presenta como unha alegoría do proxecto arquitectónico co que Egor Orlov obtivo unha mención de honra en deseño urbano no concurso de edificios futuristas Skyscraper Competition en 2015. Estiven buscando concursos de arquitectura e atopeime con esta cidade na que se mesturaban o analóxico dixital, na que había incluso unha impresora 3D que facía e desafía habitáculos segundo a necesidade, apunta De Laiglesia, que viu neste proxecto unha idea diferente e complementaria ás das outras cidades, realizado ademais por un arquitecto ruso nun momento no que hai outro ruso que se dedica a destruír cidades. Xunto a estas catro urbes, a exposición complétase coa construción dunha torre de Babel, con pezas de madeira nas que aparece gravada "unha das nove letras do alfabeto dos íberos", nunha performance aberta ao público participante.
Cidades, animais e lámpadas
Conformada por un total de 22 pezas, a exposición combina as representacións das cidades cun mural conformado por diferentes paneis e que aluden á súa vez a estas recreacións. Así mesmo, a mostra reúne tamén unha serie de lámpadas e representacións de animais e formacións vexetais en madeira, que se presentan nos espazo contiguos. Eu traballei sempre con triadas interconexas, sinala De Laiglesia, que relaciona nesta mostra tres elementos aparentemente distantes, pero conectados, como a idea dos animais como estrato base da natureza e a das lámpadas como un elemento que multiplicou a vida por dous, ao permitir que as actividades puidesen continuar pola noite, cambiando a historia da humanidade.
Este proxecto expositivo completarase á súa vez coa publicación dun catálogo que, xunto con imaxes das pezas e da performance e o texto de presentación do seu autor, reunirá as achegas dos artistas e docentes da Facultade de Belas Artes Juan Loeck, Juan Luis Moraza e Fernando Casás e do experto en teatro e escultura e doutor en Filosofía Jürgen Minsch. Trátase, como lembra De Laiglesia, dos mesmos catro autores que participaron en 1999 no catálogo dunha exposición que o artista e docente levou a cabo na Galería Sargadelos e que agora se reúnen de novo nunha publicación que está previsto presentar na xornada de clausura da exposición, o 13 de abril.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela. O comportamento do mes pasado estivo marcado no conxunto da Comunidade polas altas temperaturas, moi por riba do habitual nesta época do ano, e por varios episodios de calor que se sucederon ao longo das catro semanas. A explicación estivo fundamentalmente no predominio das xornadas anticiclónicas.