Archivo (9 del 2021)

Buscador

Noticias

A pandemia da covid-19 situou en primeiro plano o concepto de bioseguridade, que fai referencia a toda unha serie de normas, tecnoloxías e procedementos que se aplican para previr a exposición non intencionada a axentes biolóxicos e toxinas e que constitúe o eixo central do congreso que a Asociación Española de Bioseguridad (AEBioS) inaugurou este xoves en Pontevedra.
O primeiro estudo que analiza os cambios transformadores da pesca artesanal en Galicia demostra que o sector foi capaz de manter elementos básicos chave para manter a súa resiliencia ao longo do tempo. Así o conclúen investigadores do proxecto Consolidator Grant ‘EQUALSEA-Transformative adaptation towards ocean equity’, financiado polo European Research Council, e liderado polo profesor da USC Sebastián Villasante.
Co obxectivo de promover a transferencia de coñecemento no sector mariño-marítimo da Eurorrexión Galicia-norte de Portugal, celebrouse o II Encontro Universidade- Empresa Sherpa do Mar. Expertas e expertos dos ámbitos marítimo-mariño centraron as súas intervencións na innovación e o emprendemento no ámbito da pesca, a acuicultura e o procesamento, así como o cambio climático, a biodiversidade mariña e a sostenibilidade ambiental, enerxética e produtiva.
A Universidade da Coruña celebra desde hoxe ata o 20 de outubro a terceira edición do seminario internacional “Mulleres e videoxogos, a ambos lados da pantalla”, impulsado pola Facultade de Comunicación coa colaboración da asociación internacional Women in Games (WIGJ), o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF), a Asociación Española de Videojuegos-AEVI, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, o Campus Innova e o Instituto de las Mujeres.
A campaña de divulgación da toponimia 'Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra' está de volta logo da parada obrigatoria provocada pola crise sanitaria. A iniciativa, coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Xunta de Galicia, chega entre os meses de outubro e decembro a nove concellos, oito deles da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, co fin de difundir a nosa riqueza toponímica e involucrar novos colaboradores neste proxecto.
ESTALMAT-Galicia é un programa avalado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. O seu obxectivo é estimular o talento matemático en rapaces de 12, 13 e 14 anos. A primeira das actividades consiste nun campamento matemático durante a fin de semana no Albergue de Ecoturismo Alvarella, en Vilarmaior, que supón unha toma de contacto entre os participantes nun ambiente lúdico-matemático.
Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en xeral e, entre as nenas e adolescentes, en particular, é a meta da exposición ‘Astrónomas’ centrada nas mulleres que dedicaron a súa vida ao estudo da astronomía e que se inaugura o vindeiro 29 de setembro ás 11:30 horas no Colexio de Fonseca. Con esta iniciativa preténdese non só incrementar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora na sociedade, senón, ademais, mellorar a educación científico–técnica en todos os niveis, especialmente entre a xente nova.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o proxecto ¡BUEN CAMINO!, para ofrecer da man de Google Arts&Culture, 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas, acadando unha nova universalidade. Con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.
Tivo lugar a presentación da primeira edición de 'O Son dos Arrieiros' co-organizado por dotbeat! e o Concello da Estrada e que ven situar a localidade dentro do mapa de festivais de Galicia. Á rolda de prensa, asistiron Jacobo Sutil, director da Agadic, José López, alcalde do Concello de Lalín e Patricia Hermida, xerente de dotbeat!.
A mostra rende homenaxe á novela 'La Colmena', un dos piares da obra do Nobel galego Camilo José Cela, co gallo do 70 aniversario da súa publicación, poñendo de relevancia os problemas do manuscrito para superar a censura e a súa publicación inicial en Bos Aires. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou a mostra, que se poderá visitar ata o 1 de abril na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES