
A mostra é herdeira da exposición Con A de astrónomas, creada no marco do Ano Internacional da Astronomía 2009 e que percorreu centos de centros culturais, bibliotecas e institutos de secundaria de toda España ao longo da última década. Con esta mesma finalidade, Astrónomas conta tamén cunha versión física de dezaseis paneis explicativos que estarán dispoñibles en castelán, galego e catalán. Ademais, a súa versión dixital, que conta cun espazo web propio, inclúe información de 270 astrónomas que traballan ou traballaron nunha ou en varias das catorce disciplinas nas que se estruturou a mostra, e recolle ademais os máis variados acentos de etnias, ámbito xeográfico, categoría profesional ou diversidade funcional.
Ao acto inaugural está previsto que asistan a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo; a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero, Eva Aguayo; e a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, xunto coa comisaria da mostra Josefina F. Ling.
Mostra interactiva e materiais complementarios
Ademais da información sobre cada unha das científicas, Astrónomas compleméntase con diversos materiais que inclúen unha contextualización da astronomía con outras ciencias, a súa relación co cinema, literatura, ou arte; cadernos pequenos pedagóxicos que se poden descargar, xogos interactivos, podcast e vídeos. Todo iso arroupado por unha banda sonora orixinal composta por Paula Espinosa.
A exposición Astrónomas foi realizada por un grupo interdisciplinario de persoas tanto do ámbito da astronomía como da historia da ciencia e da docencia en distintos niveis, e grazas á colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación. A Sociedade Española de Astronomía é un dos patrocinadores da exposición. A mostra presencial estará dispoñible no Claustro Alto do Colexio de Fonseca durante un mes, do 29 de setembro ao 29 de outubro. Poderase visitar de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.