
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de inauguración da 14ª promoción do programa ESTALMAT-Galicia, un programa que sinalou como a mellor oportunidade posible para aqueles alumnos que queredes afondar na vosa vocación matemática, que vos gustan as ciencias e queredes seguir descubrindo máis neste eido que tantos retos vos propón.
Nun acto celebrado na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou a importancia das competencias STEM e da matemática, unha disciplina cada vez máis fundamental en todos os sectores produtivos, incluíndo a economía, a cultura ou mesmo a sanidade.
Neste sentido, animou os participantes a gozar da experiencia, actuando con responsabilidade, con visión de conxunto e pensando en cada día ser mellores. Tedes antes vós algúns dos meses máis apaixonantes das vosas vidas, rematou.
No acto de apertura, ademais do conselleiro, participou o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e a decana da Facultade de Matemáticas e Presidenta do Programa, a profesora Elena Vázquez Cendón.
Estímulo do talento
ESTALMAT-Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela, entre outras institucións, e é un programa avalado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. O seu obxectivo é estimular o talento matemático en rapaces, nesta promoción 10 alumnas e 20 alumnos 12, 13 e 14 anos.
A primeira das actividades desta edición consiste nun campamento matemático durante a fin de semana no Albergue de Ecoturismo Alvarella, en Vilarmaior, que supón unha toma de contacto entre os participantes nun ambiente lúdico-matemático.
Durante o curso os estudantes seguirán un programa especial de estímulo do talento matemático baixo as directrices do Proxecto ESTALMAT-España, que desde o ano 1998 ven implantándose en distintas comunidades como Madrid, Cataluña, Castela e León, Castela-A Mancha, Andalucía, Canarias, Valencia, Cantabria e Illas Baleares. Estas actividades terán lugar na Facultade de Matemáticas nas mañás de 20 sábados de cada un dos dous vindeiros cursos académicos. ESTALMAT-Galicia mantén tamén o programa ESTALMAT PI, dirixido a manter o contacto un ano mais con actividades impartidas en 12 sábados do curso. Trátase de detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento que, en moitos casos, poden quedar desatendidos nos círculos normais do ensino e da familia.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.