Buscador
Noticias
Despois de que a covid-19 obrigase o pasado ano a limitar a súa quinta edición á publicación dun libro de comunicacións, o congreso internacional sobre performance Fugas e Interferencias retorna ao seu formato presencial. Entre o 30 de setembro e o 2 de outubro, a UVigo e o CGAC serán as sedes do único congreso académico centrado na arte de acción que se desenvolve en España.
A localización, exhumación e identificación de vítimas durante a Guerra Civil, así como na represión política posterior é un dos obxectivos do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia que baixo a coordinación do grupo da USC Histagra, acometerá tamén, ata 2024, a dignificación dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria.
Este mércores da comezo a 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc. O co-director do certame, Ángel Sánchez, presentou a programación, nun acto celebrado no Teatro Municipal de Tui e no que estivo acompañado polo alcalde da localidade tudense, Enrique Cabaleiro; a deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra, César Pérez.
Ao redor dun milleiro de persoas asistiron á estrea dun novo FIV de Vilalba esta fin de semana. Sabían que acudirían a un dos seus festivais de cabeceira e máis esperados, a reecontrarse con amigos, coa música en directo, pero non podían imaxinar a sensación de vivir tres xornadas así. Unha nova edición que resulta xa inesquecible para as persoas afortunadas que tiveron a sorte de ser parte da apertura dese novo escenario ubicado nun recinto máis grande, do escenario emerxente...
Celebrouse por primeira vez en Vigo en 1990 nos primeiros anos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Agora, 31 anos despois, regresa a Vigo o Simposio Nacional da Unión Científica Internacional de Radio, URSI, o foro de referencia para a comunidade investigadora e tecnóloga de universidades e empresas do sector TIC.
A USC toma parte no proxecto Inventhei, baseado en mellorar os ecosistemas rexionais de innovación partindo das infraestruturas existentes e que conta con financiamento do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía. Neste senso, a institución compostelá estudará as capacidades de innovación e emprendemento en psicoxerontoloxía en virtude do Máster que nesta eido oferta a Facultade de Psicoloxía e xerontoloxía dende o Mestrado que neste ámbito imparte a Facultade de Enfermaría.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 687 son da área da Coruña, 510 da de Lugo, 276 da de Ourense, 177 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 409 da de Santiago e 88 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.464 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 176.385 persoas curadas, rexistrándose 2.614 falecementos.
Na fin de semana do 25 e 26 de setembro subirán ao escenario o cantautor ourensán Emilio Rúa co seu concerto íntimo A canción de autor de Ourense, e Teatro Sarabela, coa obra O Secuestro da Bibliotecaria, unha peripecia divertida a refrescante que aposta polos valores da solidariedade e ao amor á literatura para público maior de seis anos. Xa en outubro, o día 1 o actor e director Avelino González narrará a vida e obra do intelectual ourensán Vicente Risco en Risco Contando a todo Risco.
Como un dos actos previos ao comezo da XLIII Semana de Cine de Lugo, que organiza o Grupo Fonmiñá, foi presentada a edición especial de CINEPOEMAS, de Claudio Rodríguez Fer. Cinepoemas publicouse inicialmente no ano 1973 por Edicións Xerais de Galicia, como un paseo poético pola historia do cine dende Charlot a Woody Allen, como unha revisión dos mitos da sétima arte dende Frankenstein a Marilyn Monroe.
O FIV de Vilalba cumpre en 2021 a súa 14ª edición que se celebrará os días 17, 18 e 19 de setembro. Estamos ante unha oferta musical que naceu ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Cada ano, este festival conta cun público fiel e supón un aliciente máis para visitar Vilalba.