
“O contacto cos axentes sociais é imprescindible”, sinalou o investigador principal de Histagra, Lourenzo Fernández Prieto. “Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que desexen exhumar ou investigar fosas relacionadas coa violencia franquista, asà como achegar datos relativos ás mesmas”, engadiron dende este grupo de investigación da USC. Pódese contactar con Histagra no mail histagra@usc.es ou no teléfono 881 812 734.
Este Plan xorde como froito do convenio de colaboración asinado pola institución compostelá, a Vicepresidencia Primeira e ConsellerÃa de Presidencia, Xustiza e Turismo; e a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. “Queremos levar a cabo unha profunda investigación e posta ao dÃa do mapa de fosas de Galicia, para realizar nos vindeiros anos a maior cantidade de exhumacións dos enterramentos de persoas asasinadas pola violencia franquista”, apuntan dende Histagra. Alén da coordinación de Fernández Prieto, integran o equipo o arqueólogo e profesor da USC José Carlos Sánchez Pardo; o catedrático de Medicina Legal da USC, Ãngel Carracedo, quen se encargará da análise xenética; e o médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), Fernando Serrulla Rech, encargado da investigación forense dos restos humanos.
De xeito especÃfico, neste 2021, está prevista a realización da exhumación e identificación da fosa no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. No caso de que esta exhumación ofrecese problemas na súa realización, prevese intervir en VilagarcÃa de Arousa. Asemade, levarase a cabo traballo de investigación e análise de restos no concello coruñés de Aranga .
‘Nomes e Voces’
O Grupo Histagra alberga unha fonda experiencia neste eido logo de levar a cabo o proxecto de investigación ‘Nomes e VocesÂ’, ao abeiro dos traballos que se realizaron ao redor do Ano da Memoria en 2006 e que estivo en funcionamento ata 2012. Neste proxecto estudouse a violencia franquista durante a Guerra Civil e a ditadura, e ofrecéronse á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron algún tipo de persecución por mor da súa ideoloxÃa ou da súa posición favorable á democracia republicana. Esta tarefa abordouse dende a perspectiva da investigación histórica, como parte do interese dos especialistas polo tema da Guerra Civil e da represión.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.