
A vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, foi a encargada este martes de dar a coñecer os detalles desta iniciativa, que partiu da súa vicerreitoría, aínda que tomando a remuda dunha acción similar posta en marcha no campus de Ourense en 2014 e para a que foi preciso actualizar, mellorar e completar a documentación fotográfica. Un proceso, no que destacou a impliación dos técnicos de Cultura dos campus de Vigo, Alfonso Caride, e de Ourense, Filemón Rivas, e para o que se contactou con centros e servizos da UVigo solicitándolles información sobre obxectos patrimoniais de interese, contratándose ademais ao docente da UVigo e especialista en Historia da Arte Jorge Varela, que reformulou a ficha técnica e realizou as fotografías que se atopan na web
Mauvi, Museo de arte da Universidade de Vigo, pretender ser un recurso accesible, claro que permita á comunidade universitaria, pero tamén á sociedade coñecer o noso patrimonio, explicou Susana Reboreda, que tamén destacou que máis aló do valor material que poidan ter as obras que o integran, cómpre destacar a súa variedade e a diversidade de orixe das pezas.
Unha colección viva e "unha peza do mes"
Sumándose a outras institucións académicas que contan con museos de arte, a UVigo decidiu poñer en marcha o seu organizando as obras que o integran nun repositorio virtual que inclúe filtros que permiten realizar buscas por palabras clave, campus, tipoloxía da obra e coleccións, que inclúen obras, por exemplo das galerías de reitores ou decanos e decanas, dos concursos de intervención artística ou dos premios de pintura e fotografía ou da sala Alterarte.
O dinamismo é unha das características deste museo, cunha colección aberta e viva á que vaian incorporando pezas ao longo do tempo. É unha ferramenta viva que polo de agora inclúe pezas dos campus de Vigo e Ourense e á que se incorporarán en breve as do de Pontevedra, detallou Susana Reboreda.
Así mesmo, a web do Museo tamén inclúe unha peza do mes, encargada a unha persoa coñecedora da obra elixida e á que se lle dará difusión a través da web e de redes sociais. Comezamos coa obra de Silverio Rivas que se atopa á entrada do campus de Vigo, Horizonte para o sol, e o encargado de analizala Jorge Varela
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.