
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anuncia a convocatoria dunha praza de libre designación para renovar a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea, convocatoria coa que se busca abrir unha nova etapa na súa programación. Con esta decisión, procúrase ampliar a internacionalización, unha maior apertura á creatividade dixital coa irrupción das novas tecnoloxías e darlle pulo a súa descentralización dentro e fóra de Galicia.
O obxectivo do departamento de Cultura da Xunta con esta renovación é impulsar estes eidos na actividade deste centro museístico, referente da arte contemporánea en Galicia e España, tras case once anos con Santiago Olmo á fronte da súa dirección. A consellería, e en particular a Dirección xeral de Cultura, queren recoñecer a profesionalidade do seu traballo ao longo dun período que se consolidou como unha das institucións culturais galegas máis prestixiosas desde a súa creación en 1993. Precisamente, cómpre salientar a excelsa programación deseñada, baixo a súa dirección, para conmemorar o trinta aniversario e que contou con medio cento de actividades para todos os públicos.
De igual xeito, como resultado do labor desenvolvido ao longo deste período, o Centro Galego de Arte Contemporánea acadou en 2025 ser recoñecido como Insignia da cultura galega polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, segundo os resultados do prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España.
A elección da nova dirección realizarase a través dun convocatoria dunha praza de libre designación, cuxa convocatoria terá lugar nos próximos días, un proceso que cumprirá cos criterios de transparencia, mérito e capacidade para a selección da candidatura idónea.
Santiago Olmo
Santiago Olmo asumiu a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea en agosto de 2015, un posto que ocuparon con anterioridade Miguel Von Hafe, Manuel Olveira, Gloria Moure, Miguel Fernández-Cid e Antón Pulido.
A súa traxectoria viña precedida por ser un dos críticos de arte e comisarios máis prestixiosos de España e Iberoamérica. E, precisamente, baixo a súa dirección acadou o fito de que o Centro Galego de Arte Contemporánea acollese a primeira mostra monográfica en España sobre videoarte en Centroamérica ou que se teña realizado a primeira colaboración institucional en materia cultural entre Galicia e as Illas Baleares, a través de Es Baluard Museu Dart Contemporani de Palma, sobre o recoñecido artista grego e máximo expoñente da Arte Povera, Jannis Kounellis.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.