
O desenvolvemento de reunións cos centros cos que os mestrados manteñen convenios de prácticas, coa intención de reforzar, deste xeito, o funcionamento das mesmas e coñecer os retos do sector é unha das iniciativas que se levan a cabo no marco deste proxecto. “Para 2025, unha masa crÃtica de mozos emprendedores e innovadores altamente educados contribuirán ao xurdimento de ecosistemas de investigación e innovación altamente dinámicos que favorezan a creación ou o desenvolvemento de empresas con alto coñecemento en tecnoloxÃas de vangarda, produtos de valor e servizos agregados, e modelos comerciais innovadores nos dominios da manufactura e a saúde”, sinalan os impulsores do proxecto.
Seminarios
Os profesores David Facal Mayo e Manuel Gandoy Crego traballan no deseño de tres seminarios con alumnado e profesorado dos mestrados e que se desenvolverán nos meses de outubro, novembro e decembro, para traballar os retos do sector dende unha triple perspectiva: a innovación centrada na persoa, a innovación centrada no equipo e a innovación centrada nos resultados. Asemade, botarase man de metodoloxÃas da innovación e o emprendemento como o Design Thinking ou o Lean StartUp. Tamén está prevista cara a fins de ano, unha xornada final do proxecto na que se darán cita alumnado, profesorado e profesionais do sector
Alén da USC, integran o consorcio a Universidade do Porto —lÃder do proxecto—, a Universidade de Pardubice en Chequia, a de Sheffield en Reino Unido, INOVA + Innovation Services de Bélxica, a Universidade TTK de Ciencias Aplicadas estoniana, e a Universidade Valahia de Targoviste, RomanÃa. O proxecto estenderase ata decembro de 2021, coa posibilidade de ampliarse 18 meses máis.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.