Notas de prensa

O FIV de Vilalba completa a súa 14 edición cun novo formato

Ao redor dun milleiro de persoas asistiron á estrea dun novo FIV de Vilalba esta fin de semana. Sabían que acudirían a un dos seus festivais de cabeceira e máis esperados, a reecontrarse con amigos, coa música en directo, pero non podían imaxinar a sensación de vivir tres xornadas así. Unha nova edición que resulta xa inesquecible para as persoas afortunadas que tiveron a sorte de ser parte da apertura dese novo escenario ubicado nun recinto máis grande, do escenario emerxente...

Porque edicións coma esta só hai unha, e que se desenvolva por encima das expectativas expostas non adoita ser habitual, pero así sucedeu no FIV 2021. O festival que naceu baixo o amparo das Festas Patronais de Vilalba, foi adaptándose tras máis dunha década de historia ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional, e esta nova edición, a 14, viu marcada non só polos protocolos sanitarios, senón tamén polas sensacións dos asistentes, e estas foron, finalmente, inmellorables.

Un público que tivo a oportunidade de volver sentir a maxia de Vilalba e un pobo que desexaba volver tinguirse de fucsia trala cancelación do festival no 2020. Unha vila que da man dos comerciantes e hostaleiros decidiu xunto ao Concello lanzar unha campaña de reactivación do comercio e hostalería al longo da fin de semana baixo o lema #EuSonFIV na que ao redor de medio centenar de establecementos ofrecían diferentes descontos a todos aqueles que acreditaran ser público do festival.

Un recordo indeleble que tivo como banda sonora as actuacións de máis de dez bandas de gran proxección nacional Xoel López, Novedades Carminha, Zahara, La Bien Querida, Melenas, Ortiga, Dani, Momboi, Petit Pop, Magical Colors, Begun Dj Set, Rapariga Dj e a Banda de Música de Vilalba… en dous escenarios da vila, o Escenario FIV, situado no Campo da feira, e o Escenario Emerxente, na Praza da Constitución, que se trasladou ao Auditoro Municipal polas inclemencias meteorolóxicas. O recordo desta primeira edición, incluíu tamén a proxección do documental Paco Loco: viva el noise no Auditorio Municipal o sábado pola mañá e actividades para os máis pequenos co concerto de Petit Pop.

O único que non podía prever a organización do festival foi a actitude do público asistente. Persoas con moitas ganas de gozar dunha nova edición do FIV de Vilalba. Persoas comprometidas ademais coas circunstancias actuais, pois se cumpriu co esixente protocolo sanitario sen incidentes.

FIV 2021 durou tres días, pero para poder explicar as sensacións tras esta vivencia farían falta máis. Unha vila que reforzou notablemente a súa imaxe turística. Algo que é posible desenvolver grazas ao compromiso e ao apoio de ao redor de 1000 persoas, máis de 50 traballadores dos cales o 70% foron contratos locais directos e máis de 20 empresas contratadas. Apoio de Deputación de Lugo, do grupo Entrepinares, unha empresa familiar do sector agroalimentario, Gadis e a colaboración de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas.

A expectativa xerada a nivel comunicativo nada máis esgotar os preto de 1000 abonos en menos de dous días fixo que esta edición se superaran as máis de 100 inserccións en medios autonómicos: prensa, radio, televisión…

Agora que a decimocuarta edición do FIV de Vilalba xa é un recordo cargado de sensacións na retina, a ilusión está posta en abril de 2022, na que se pretende manter o formato creado para este ano.

FIV Vilalba, 2021-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES