
Só o pasado xuño, o sector ingresou 46,9 M, un 9,3 % máis que en xuño do pasado ano.
Así o recollen os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que dan conta tamén de que a demanda turística repártese nun 65 % para o mercado nacional un 45 % para os visitantes españois doutras comunidades e un 20 % para os residentes en Galicia- e nun 35 % para o mercado internacional, que medra, á súa vez, o 10 % con respecto aos valores acadados en xuño de 2024.
Os datos revelan tamén como os visitantes elixiron o norte para visitar, ao situarse Galicia no grupo de comunidades con mellor rendemento turístico, tanto en número de turistas como en noites. Estas foron País Vasco, A Rioxa, Cantabria, Navarra.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.