Notas de prensa

O proxecto CORTIS de UVigo SpaceLab, integrado no vehículo de transferencia orbital OSSIE

A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.

Isto é froito da colaboración entre de UVigo SpaceLab con UARX Space, un referente europeo en transporte espacial, especializado en servizos de lanzamento compartido e dedicado a PocketQubes, CubeSats e pequenos satélites.

O obxectivo principal do proxecto CORTIS é avaliar e comparar o rendemento de sensores de radiación comerciais fronte a tecnoloxías desenvolvidas por UVigo SpaceLab, así como validar unha cámara con flight heritage, que se empregará na futura misión BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit), na que o alumando da UVigo traballa desde hai catro anos. “Precisamente esta dobre funcionalidade converte a CORTIS nunha plataforma experimental clave para avanzar no desenvolvemento de sistemas espaciais propios e robustos”, explican as e os integrantes de UVigo SpaceLab.

Pola súa banda, OSSIE, o vehículo que albergará CORTIS en órbita, é un proxecto desenvolvido integramente polo equipo de UARX Space, que destaca que “se trata do primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido integramente en España e un dos seis existentes da nivel global”.

Lanzamento previsto para o próximo ano

Finalmente será en 2026 cando teña lugar o lanzamento do proxecto a bordo dun foguete Falcon 9 de SpaceX, xunto a outras cargas útiles internacionais. Atendendo aos datos que se obteñan en órbita, o equipo de UVigo SpaceLab poderá seleccionar os sensores que mellores resultados acaden para implementalos en BIXO e que son de vital importancia para a misión biolóxica do cubesat que porá en órbita un cultivo bacteriano para estudar como lle afecta as exposición prolongadas ao ambiente espacial, xa que permitirán saber a canta radiación estarán sometidas as bacterias durante o experimento, polo que será crítico asegurar o seu funcionamento en órbita e logo o procesado deses datos.

Por outra banda, a cámara con flight heritage, coa que agardan obter imaxes do exterior de OSSIE e da Terra, será unha das cargas secundarias que logo levará BIXO, polo que esta misión permitirá tamén probar o seu funcionamento en órbita e realizar probas de descarga e procesado das imaxe xeradas.

O valor da sinerxías

A misión CORTIS, que xorde a raíz de colaboracións previas de UVigo SpaceLab con UARX Space, confirma a relevancia das sinerxías entre os ámbitos académico e empresarial no sector espacial, reforzando ademais a posición de Galicia como referente emerxente en innovación aeroespacial e representando, así mesmo, “unha aposta decidida polo desenvolvemento tecnolóxico, a formación de talento e a proxección internacional de solucións espaciais de alto valor engadido”, sinalan.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-07-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES