Notas de prensa

Los Bravú achegan na Igrexa a proposta 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.

Nesta exposición, Los Bravú despregan unha linguaxe pictórica de corte figurativo, atravesado por ecos surrealistas e por un virtuosismo neomanierista que fai da colaxe, a fusión e o desprazamento entre códigos unha forma de pensamento. Nas súas imaxes conviven o deseño contemporáneo, os fanzines, os mass media e unha estética de raíz academicista, configurando unha cartografía onde o narrativo se abre cara a unha dimensión simbólica.

O territorio, na súa obra, nunca opera como decorado costumista, senón como paisaxe espiritual: un campo de forzas onde o telúrico dita a postura dos corpos e altera a percepción do cotián. Desde esa vibración xorda, a mostra recupera as raíces da súa andaina na narrativa gráfica mediante lenzos de gran escala nos que latexa unha urxencia contemporánea.

A modernidade en Dea Gómez e Diego Omil, que levan traballando xuntos dende 2012, cífrase na capacidade das súas imaxes para encriptar os anhelos da nosa época e permitirnos habitar, por un instante, o reverso invisible do noso presente. 'Expor nun espazo como este é un auténtico luxo, e este espazo e a montaxe teñen moito que ver tamén coa nosa maneira de construír', explicaron a autora e o autor na inauguración. 'Esta mostra entronca directamente coa tradición, o simbolismo e a acumulación de imaxes, con obras nas que deixamos un espazo para a libre interpretación ás persoas espectadoras'. En definitiva, concluíron, 'buscamos que a ollada de quen mira complete a exposición'.

Pola súa banda, para a vicerreitora a obra de Gómez e Omil caracterízase por dialogar coas culturas populares, coas tradicións, cos imaxinarios colectivos e cos modos contemporáneos de producir e de consumir imaxes. 'O título da exposición remite a unha idea moi galega de que as paisaxe non son só físicas ou xeográficas, senón que tamén son as xentes que van evolucionando no tempo e que teñen disintas maneiras de relacionarse cos territorios', explicou.

A mostra pode visitarse de martes a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-10-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES