
Os concertos na Praza da Constitución, con miles de seguidores, foron un punto de encontro anhelado por xeracións, e para moitos sabemos que foi o primeiro festival, unha experiencia que comezaron vivindo con amigos e que logo compartiron con amizades coetáneas, en parella e posteriormente, en familia.
Esta nova edición estará marcada polas medidas sanitarias en ambos os recintos, tanto no Auditorio Municipal de Vilalba, onde terán lugar finalmente os concertos da primeira xornada do venres, para un aforo reducido, como no recinto grande situado no Campo da feira, con capacidade para 1.000 persoas. Asà o manifestaba esta semana a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, “Retrasáronse os prazos para que avanzase ou proceso de vacinación e ver a evolución da pandemia. Cúmprense todas as medidas de seguridade non máis amplo sentido, tanto ao facelo nun formato totalmente diferente ao que era o FIV habitualmente, como nun espazo pechado e con cadeiras e mesas para ou público do festival en grupos de 4 persoas”.
Comercio e hostalerÃa únense na campaña "#EuSonFIV"
A Asociación de comerciantes e hostaleiros de Vilalba, xunto co propio Concello unÃronse para lanzar unha campaña de reactivación do comercio, a hostalerÃa e a dinamización cultural de Vilalba. Baixo o lema “#EuSonFIV”, preto de medio cententar de establecementos ofrecerán diferentes descontos ao longo da fin de semana na vila a todos aqueles clientes que acrediten ser público do festival (mediante a pulseira oficial do FIV 2021)
Ademais, creouse un adhesivo identificativo de “#EuSonFIV” e cada local vestirá o seu escaparate en cor rosa a través de iluminación, globos ou calquera outro detalle para visibilizar a campaña.
Accesos e protocolo COVID
A billeteira estará habilitadas na Casa da Cultura cun horario de 12.00 a 0.00 horas o venres e de 10.00 a 22.00 horas o sábado para que o público asistente poida trocar o abono pola pulseira antes de acceder a algún dos recintos onde terán lugar tanto os concertos como unha das actividades programadas o sábado pola mañá, a proxección do documental Paco Tolo: viva el noise o Auditorio Municipal.
O Campo da feira acollerá a xornada grande dun evento que se reinventou para buscar a maior seguridade fronte á situación actual e a súa adaptación ás medidas sanitarias. A súa principal novidade é que este ano se organizará seguindo un modelo de terraceo. É dicir, con mesas ao redor das que poderá habilitar un número máximo de catro cadeiras desde as que os asistentes gozarán das actuacións. Ademais, haberá unha zona de restauración no propio recinto.
O público deberá ter posta a máscara durante os eventos e respectar a distancia de seguridade marcada entre mesas.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.