
Nacido baixo o abeiro das axudas para espectáculos musicais dentro da programación do Xacobeo 20-21, o festival caracterízase por contar cun elenco 100% galego pretendendo amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial. Así mesmo, asina un compromiso firme coa sostibilidade económica da contorna, contando na meirande parte para a súa realización co tecido empresarial estradense.
Serán dous días consecutivos de música nos que os artistas actuarán na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, nun espazo amplo que permitirá a adaptación aos protocolos sanitarios vixentes. Algo máis de 500 persoas sentadas, poderán gozar desta proposta, que da un paso en firme pola aposta na deslocalización temporal dos festivais.
Novedades Carminha, Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ ou Heredeiros da Crus, que ofrecerán o seu único concerto en formato eléctrico do 2021, pasarán polo escenario do recinto, convertido nunha gran salón de concertos para a ocasión e que contará con servicio de barra e restauración para os asistentes.
Ademáis, o festival contará cunha programación complementaria, gratuita e para todos os públicos, que será desvelada durante os vindeiros días e que completará unha experiencia integral para a última fin de semana de outubro.
Será a partires de mañá, venres 24 cando se poderá optar á compra dun dos 100 abonos de lanzamento, a un prezo de 30 euros + gastos, nos que se premiará a confianza cega dos espectadores. O venres día 1 de outubro, desvelarase a distribución por días e abrirase a venda para candasúa xornada a un prezo de 22 euros + gastos. A venda activarase ás 12 da mañá en ataquilla.com.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.