Notas de prensa

O proxecto ¡BUEN CAMINO! ofrece da man de Google Arts&Culture 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o proxecto ¡BUEN CAMINO!, para ofrecer da man de Google Arts&Culture, 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas, acadando unha nova universalidade. Con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.

“Nas 4.750 fotografías e vídeos, nos 105 reportaxes visuais e nas visitas virtuais aos 13 monumentos icónicos da iniciativa late o pulso inmortal da peregrinación”, dixo, incidindo en que o obxectivo é que os visitantes sintan o que sinte un peregrino, “cando percorre algunha das 10 rutas oficiais, cando visita as catedrais de Mondoñedo ou Lugo, cando pasea por Santiago, cando explora as Illas Cíes, cando desfruta da gastronomía ou escoita música como a de Tanxugueiras”, explicou.

Durante o acto, o titular da Xunta destacou que con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.

Feijóo aproveitou a súa intervención para agradecer a implicación do Goberno de Aragón, así como da Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago e da Fundación Catedral nesta iniciativa.

E concluíu resaltando que, no que vai de ano, lévanse entregadas 125.000 compostelas de máis de 150 países. “Isto significa que o mundo nos busca e que Galicia está”, afirmou, incidindo en que o Ano Santo bienal é un convite a camiñar á Comunidade que está a ser intensamente correspondido tras o peor da pandemia.

¡Buen Camino!, 2021-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES