
Organizado por esta asociación, xunto co Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo e o seu Servizo de Bioexperimentación, o V Congreso Nacional de AEBioS reúne na sede de Afundación preto de 120 especialistas e profesionais, nunha edición que ten nas medidas para facer fronte á covid-19 un dos seus temas centrais. SARS-CoV-2: o inimigo invisible foi de feito o tÃtulo da sesión desenvolvida ao longo da mañá deste xoves e que contou coas intervencións, entre outros, da codirectora do laboratorio de coronavirus do Centro Nacional de BiotecnologÃa (CNB) do CSIC, Isabel Sola, e do tamén investigador deste centro Juan GarcÃa Arriaza, que traballan no desenvolvemento de vacinas contra este virus.
“Confeccionamos un programa con conferenciantes de altÃsima calidade, que vainos permitir facer un percorrido por todo o que vivimos ao longo deste ano e medio”, salientou na inauguración a técnica do Servizo de Bioexperimentación Marina Peña, vicepresidenta de AEBioS e presidenta do comité organizador do congreso que se desenvolve este xoves e venres en Pontevedra, despois de que tivese que adiarse en dúas ocasións por mor da pandemia. A vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, o presidente desta asociación, Francisco Javier GarcÃa Palomo, e a deputada provincial de Novas TecnoloxÃas, Ana MejÃas, participaron tamén neste acto de apertura, no que, ademais de pór en valor o traballo dun comité organizador integrado unicamente por mulleres, Rubio sinalou como a situación provocada pola covid-19 fixo “que a sociedade sexa moito máis consciente do labor que facemos nos centros de investigación e nas universidades”. A vicerreitora lembrou tamén que o Cinbio conta cun laboratorio NCB-3, “un dos poucos que existen en España e que permiten traballar con todo tipo de patóxenos que poden afectar á nosa saúde”. Ana MejÃas, pola súa banda, incidiu en como a pandemia levou a que a idea da bioseguridade pasase de ser vista “como un tema dos laboratorios” a algo presente “non só en calquera ámbito profesional, senón tamén na vida cotiá, no ámbito educativo e no ocio”, mentres que GarcÃa Palomo felicitouse por poder levar a cabo de xeito presencial este congreso, con medidas de seguridade como a realización de tests de antÃxenos na súa propia sede, que conta tamén cun espazo de exposición no que diferentes empresas presentan os seus produtos e servizos.
A covid-19 e as pandemias por chegar
Tras a conferencia inaugural sobre a importancia da eficiencia enerxética no ámbito da bioseguridade, a cargo do membro fundador de AEBioS Rafael Sánchez, a covid-19 converteuse no tema central deste evento, coas intervencións da catedrática de InmunoloxÃa da Universidade de Vigo Ãfrica González, dos investigadores do CNB-CSIC Isabel Sola, Juan GarcÃa Arriaza e Lluis Montoliu e do perito xudicial Pablo Medina. Abriu esta sesión Ãfrica González, afondando no funcionamento do sistema imnunitario, que fixo posible que preto do 80% dos infectados nesta pandemia pasase a enfermidade “con cadros leves ou asintomáticos”, asà como no desenvolvemento das diferentes vacinas, que amosáronse, sinalou, “moi eficaces”.
A partir de aÃ, a catedrática puxo o foco en que se ben ao longo do século XX tiveron lugar cinco pandemias, xa se alcanzou ese mesmo número nas dúas décadas transcorridas do actual. Factores como as zoonoses, “a resistencia bacteriana aos antibióticos”, as mutacións dos virus e a aparición de novos patóxenos, xunto coa concentración da poboación en zonas urbanas e a súa mobilidade, sinalou, fan prever “que as pandemias estanse incrementando e poden facelo máis no futuro”, ao que se suma o feito de que, ao vivir nun mundo globalizado, “temos moito menos tempo de resposta”. De aà que o desenvolvemento de novos fármacos e vacinas se convirta “nun reto desde o punto de vista cientÃfico e tecnolóxico”, engadiu González, que ante escenario, sinalou unha serie de aspectos que poderÃan contribuÃr a “estar mellor preparados para as novas pandemias que poden chegar”. Entre eles, sinalou que Organización Mundial da Saúde (OMS) teña “un papel moito máis predominante”, a necesidade de "investir moito máis en ciencia básica e incrementar o gasto sanitario”, asà como a importancia de pór o foco en que as pandemias acrecentan “a diferencia entre paÃses ricos e paÃses pobres”.
Traballando nunha vacina
Codirectora do laboratorio de coronavirus do CNB-CSIC, Isabel Sola explicou nesta sesión que ata a data coñécense sete coronavirus diferentes que afectaron aos humanos. Catro destes causan “infeccións respiratorias leves, como un arrefriado común”, mentres que os outros tres, o SARS-CoV-1, o MERS e o SARS-CoV-2, todos eles, lembrou, “que apareceron no século XXI” provocan “infeccións respiratorias severas que poden ser mortais”. De aà que esta experta incidise, ao igual que González, na necesidade de “aumentar a vixilancia” xa que “aparezan novas pandemias no futuro é unha posibilidade moi realista”, antes de deterse no traballo desenvolvido no CNB para o desenvolvemento de vacinas fronte a estes virus.
Como explicou, o traballo que levan a cabo neste laboratorio céntrase no desenvolvemento dunha “vacina de RNA autorreplicativo”, que toma como punto de partida o estudo “dos mecanismos de patoxénese” dos coronavirus que desde hai máis de tres décadas desenvolven no CNB, o primeiro laboratorio do mundo en obter “un clon completo do xenoma” do MERS. Grazas á información obtida na investigación deste virus, o seu actual traballo de cara ao desenvolvemento dun “candidato a vacina” céntrase en aspectos como tratar de detectar “factores de virulencia” no SARS-CoV-2, co propósito de “eliminalos do xenoma viral”, o que permitirÃa “mellorar a inmunidade innata e accesoria”.
Tres dÃas de actividade
Máis aló da covid-19, este quinto congreso da AEBioS afonda tamén nos retos da bioseguridade nun mundo globalizado, nos requirimentos legais de centros e actividades ou na versatilidade na aplicación da bioseguridade, con outras catro sesións de debate, nas que interveñen unha vintena de expertos e profesionais. Por outra banda, o congreso botou a andar este mércores cunha xornada previa na illa de San Simón, que puxo o foco no seu pasado como lazareto e que incluÃu tamén talleres sobre desinfección de espazos e xestión de residuos perigosos.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.