
O programa desta combina relatorios e faladoiros virtuais, abertos á participación do público, con outro tipo de contidos en vídeo, obradoiros e unha exposición virtual sobre mulleres na industria dos videoxogos.
O seminario, comezou esta mañá coa benvida do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e as intervencións de Teresa Piñeiro, da organización das xornadas; María Fernández Hermida, embaixadora de Women in Games (WiGJ) e Susana Ladra, directora do Campus Innova.
A continuación, o evento continuou coa conferencia "Las mujeres en la industria de los videojuegos", da man de Elena Beltrán, Coordinadora de Comunicación de la Asociación Española de Videojuegos-AEVI; e o relatorio Construíndo inmersión a través do deseño de son interactivo a cargo de Anne-Sophie Mongeau, deseñadora de son senior en Hazelight Studios (Estocolmo).
Desde o venres 1 ao mércores 18 de outubro a xornada acollerá diversas actividades diferidas como a exposición virtual Mulleres e videxogos, desenvolvida en colaboración co Museo do Videoxogo, ou as vídeo-charlas de diversas profesionais da industria como Sabina Sánchez e Silvia Rosu, de IQUA Servicios Jurídicos, avogadas especialistas en creación dixital, Estefanía Salcedo, lead do departamento de Tequila Works ou a galega Alba Calvo, localizadora de videoxogos.
O mércores 6 de outubro ás 11:30h. haberá un encontro virtual con Elesky, streamer musical e integrante del E-sports Club Vodafone Giants, e ás 12:30 o relatorio O xénero dos videoxogos dende a arte feminista a cargo de Remedios Zafra escritora e científica titular do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
O 13 de outubro, a Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá dous obradoiros de deseño e arte para videoxogos a cargo de Cristina García Aradas, xefa de deseño de niveis en Gato Estudio, e Lizartonne, Concept artista, ilustrador e produtor.
Para finalizar, o mércores 20 de outubro terá lugar, ás 12:30 horas, o conversatorio: Gamers e streamers dende Galicia para o mundo no que participarán Minia Monteagudo (Samku) e Mariña Vieira (anhiram_).
Todo o programa do seminario pode seguirse na páxina web https://mujeresvideojuegos.udc.es/
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.