Archivo (12 del 2020)

Buscador

Noticias

Segundo recolle o estudo de Anabel Antela 'A lingua galega no sector textil. Visión, opinión e posición da xeración millenial galega', publicada pola Mesa pola Normalización Lingüística co apoio da Deputación de Pontevedra, o 60,3% da xente nova afirma que o feito de que un produto estea anunciado en galego a induce á compra.
O persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na plataforma divulgativa ‘The Conversation’ España (TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización. O acordo selado entre ambas as dúas institucións permitirá o acceso á principal canle mundial de difusión do coñecemento que emana das universidades.
Deuse peche a XV edición do Festival Internacional Rebulir, unha edición marcada pola adaptación da programación a Pandemia derivada da COVID-19. Foron catro días que incluiron obradoiros, concertos, animacións, exposicións... nun marco virtual ou con distanciamento suficiente. A Dirección do evento ven de destacar o alto grado de seguemento e interese mostrado a través das redes.
'Afán por aprender e por contribuír ao desenvolvemento científico do seu pais', así definen o profesor José Ángel Docobo e a investigadora Carmen Villaverde Pérez os eixos que definiron a traxectoria do catedrático da USC José Rodríguez González, ao que definen como “o primeiro científico galego”. Neste ano 2020, cumpríronse 250 anos do seu nacemento. Rodríguez González estudou Astronomía e Altas Matemáticas no Observatorio e College de Francia, onde traballou e tivo amizade con grandes científicos como Laplace, Delambre, Biot ou Arago.
Unha investigación sobre o papel de Galicia como núcleo e periferia na división global de actividades extractivas, e unha análise sobre os últimos 30 anos do sector agrario e agroalimentario, son os traballos recoñecidos co Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia na modalidade dirixida a artigos científicos. No apartado de teses de doutoramento recoñeceuse un traballo sobre moto-mecanización da agricultura en Galicia ata o ano 2000.
O Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá creou un Bosque de Nadal para o comedor de Zara Loxística -pioneiro na restauración sostible mundial-. O Bosque está formado por varias árbores de madeira de pino autóctono que apostan pola produción feita en Galicia e as técnicas artesanais. Trátase dun deseño orixinal do Centro ocupacional, que tamén se encargou da súa creación e instalación na sede de Inditex en Arteixo, como parte da ambientación navideña.
A Asociación Galega de Artesáns, organizadora da feira de artesanía Ofeitoaman, a máis importante do inverno en Galicia, decidiu cancelar a edición física deste ano, que se ía celebrar a partir de hoxe no exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo, polas circunstancias da pandemia. Esta é a primeira edición desta feira anual, característica do Nadal en Vigo, que se suspende dende o ano 1985.
En tempos de pandemia e restricións, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti) volve á programación co lema “arte para respirar”. O certame, que celebra este ano a súa 17 edición, traerá este Nadal a diferentes escenarios da cidade 17 representacións de 13 compañías estatais. Con algo menos dun terzo do seu aforo habitual e apostando por uns espazos culturais “seguros”, a cita terá lugar o día 22 e do 26 ao 30 de decembro e un ano máis entre as súas entidades promotoras está a Universidade de Vigo.
Un total de 86 mostras participaron na XXIII cata dos queixos e na XIX cata dos meles de Galicia, organizada pola Consellería do Medio Rural e os consellos reguladores das denominacións de orixe protexida (DOP) San Simón da Costa, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia. Optaron a galardón 29 industrias queixeiras e 25 do mel.
Presentouse no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago o libro gañador do premio Illa Nova de Narrativa 2020. Abriu o acto Pati Blanco, director de márketing e comunicación de El Corte Inglés, explicando que para El Corte Inglés este patrocinio supón reafirmase nunha aposta pola narrativa galega nova, a través da Editorial Galaxia, que permite sacar á superficie a calidade desta nova xeración de creadores galegos.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES