Notas de prensa

'O AXOLOTE e outros contos de bestas e auga', de Lara Dopazo Ruibal, Premio Illa Nova de Narrativa 2020

Presentouse no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago o libro gañador do premio Illa Nova de Narrativa 2020. Abriu o acto Pati Blanco, director de márketing e comunicación de El Corte Inglés, explicando que para El Corte Inglés este patrocinio supón reafirmase nunha aposta pola narrativa galega nova, a través da Editorial Galaxia, que permite sacar á superficie a calidade desta nova xeración de creadores galegos.

Reitera o agradecemento a Galaxia pola oportunidade de ser patrocinador deste premio desde a primeira edición, hai xa 4 anos, un patrocinio que xa está consolidado. Finaliza a intervención recomendando o libro como o complemento perfecto para o agasallo de Nadal.

Francisco Castro, director xeral de Galaxia, comeza a súa intervención co agradecemento a Ámbito Cultural El Corte Inglés, “sen El Corte Inglés nos non poderíamos soster durante catro anos un premio que xa é un clásico no sistema literario galego”, da a noraboa a Lara por formar parte dos gañadores do premio, e lembra que o Premio nace inspirado na colección mítica, co mesmo nome, que fundou Xaime Isla, un dos fundadores de Galaxia, na década dos 60, para dar voz a escritores novos, como: Carlos Casares, Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, escritores que a día de hoxe contan con gran recoñecemento. O premio Illa Nova nace no año 2017 coa chegada de Francisco Castro a dirección de Galaxia, coa mesma pretensión, “a de crear canteira”, “e que ten una singularidade especial, para poder optar o premio, hai que ter menos de 35 anos o día do fallo do Xurado”. Sobre o libro gañador esta cuarta edición, Francisco resalta que é a primeira vez que o gaña o premio un libro de relatos, nas edicións anteriores foron novelas, e resalta as boas críticas que está a recibir, destacando a calidade da autora para fabular o sobrenatural. Remata a súa intervención recomendando tamén os libros como agasallos de Nadal e destacando a importancia da Cultura sempre, pero sobre todo en este tempo de pandemia que nos permite liberar la mente, e reiterando a noraboa a autora polo libro.

Lara Dopazo, gañadora do premio, abre a súa intervención explicando que o libro confórmano “13 contos que teñen en común: o sobrenatural, a presenza de besta e auga e un punto desacougante con finais abertos”. Sobre o premio, Lara cóntanos que este libro é a súa primeira publicación en narrativa, ata o de agora as súas publicación foron de poesía, e que para ela supón un gran respaldo, polo dobre aval que supón: por unha banda, o cambio de xénero e por outra, por ter detrás unha editorial como Galaxia. Remata reivindicando o conto como un xénero en si mesmo, “o conto é o xénero grande da tradición galega”.

SOBRE O LIBRO - PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2020

Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos.

A auga e os animais –tamén outras bestas– cobran protagonismo nestas páxinas. A autora logra dosificar a intriga e mostra un dominio da tensión para crear atmosferas envolventes e inquietantes. Cunha prosa suxerente e de grande altura estética, introdúcenos noutras épocas e latitudes con mestría e logra conmovernos en cada relato.

SOBRE A AUTORA

Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Como autora publicou "Os lobos na casa de Esaú" (Chan da Pólvora, 2017), "claus e o alacrán" (Espiral Maior, 2018) e "ovella", poemario co que gañou o Certame Francisco Añón. É coautora e coeditora de "A través das marxes: Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns" (Bartlebooth, 2018). Foi artista residente na Real Academia de España en Roma no ano 2019. Adoita traballar no eido da comunicación. Con "O axolote e outros contos de bestas e auga" gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2020.

El Corte Inglés, 2020-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES