
O Obradoiro as Armadanzas encheu as suas prazas e os concertos virtuais foron seguidos por centenares de persoas. Cabe destacar o éxito acadado na Gala Central do Sábado día 20 na cal se entregaron os Premios Rebulir da Cultura Galega a Mercedes Peón, Fina Calleja e a Banda de Música de Vilanova dos Infantes. Neste intre milleiros de persoas (1.300) por todo o mundo seguiron en directo as actuacións e discursos, superando as espectativas iniciais.
En definitiva, o obxectivo do FIR está cumplido ao ter achegado a moitos fogares o espírito deste evento, transmitindo as bases culturais utilizando a música como canle comunicativa. Desde Rebulir indícase que xa están traballando na XVI edición, agardando poder recuperar a convivencia e intercambio persoal, que son os piares que dan sentido a este tipo de eventos.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.