Notas de prensa

A USC adhírese a ‘The Conversation’, a principal plataforma mundial de divulgación do coñecemento

O persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na plataforma divulgativa ‘The Conversation’ España (TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización. O acordo selado entre ambas as dúas institucións permitirá o acceso á principal canle mundial de difusión do coñecemento que emana das universidades.

Nada en Australia, ‘The Conversation’ conta con edicións en Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Francia, Indonesia e África, ademais da edición en español, que se lanzou no verán de 2018 e en apenas dous anos publicou máis de 3.300 artigos e logrado máis de 95 millóns de lecturas, sumando a audiencia da súa web e a republicación dos artigos nuns 200 medios de comunicación españois e latinoamericanos.

‘The Conversation’ pretende promover unha conversación permanente entre os que saben e os que queren saber, entre expertos que escriben sobre temas relacionados coa súa especialidade e unha comunidade de lectores que reclama contidos de calidade. Nesta misión, a complicidade do persoal docente e investigador da USC é esencial. Constituída como asociación sen ánimo de lucro con vocación de servizo público, sen publicidade comercial, e de acceso libre e gratuíto, ‘The Conversation’ España conta xa co apoio de 53 institucións académicas e científicas e fundacións. Na súa base de datos global figuran 113.900 autores procedentes de 3.713 universidades e centros de investigación internacionais.

Unha nova ferramenta para o profesorado da USC

Ademais de contar con temas propostos directamente polos autores, próximos ás súas investigacións, inquietudes ou temas de actualidade que toquen o seu campo de especialización, os temas dos artigos poden ser propostos polo equipo editorial de TCES e pola propia USC. Coa súa participación como autores en TCES, o persoal docente e investigador contribúe a alimentar o debate público con análises responsables, éticas, apoiadas polos datos e baseadas no coñecemento, así como a dotar á opinión pública dunha maior claridade e profundidade de análise sobre os principais problemas da sociedade.

A cambio desa transferencia de coñecemento que realizan, os e as docentes reciben relevancia mediática e intrainstitucional, así como recoñecemento social e profesional. En moitos casos, os autores, tras publicar en ‘The Conversation’, reciben solicitudes de medios ou institucións para profundar nas súas análises. A participación en ‘The Conversation’ tamén favorece que se establezan novas redes entre expertos e failles testemuñas directas do impacto que a divulgación das súas investigacións ten na sociedade, alcanzando miles de lecturas e chegando a moitísimos lectores interesados en adquirir novos coñecementos.

Como empezar a escribir en ‘The Conversation’?

O autor ou autora ten que crear un perfil vinculado á súa institución, universidade ou centro de investigación. Para poder publicar en ‘The Conversation’, debe ser PDI da USC. Os estudantes de doutoramento poden facelo coa supervisión dun profesor ou investigador que asina como coautor. Unha vez rexistrado e creado o perfil, o autor pode enviar unha proposta de artigo ao editor enchendo o formulario correspondente do devandito sitio web. ‘The Conversation’ é unha ferramenta de escritura colaborativa. A plataforma é moi simple e non hai necesidade de aprender procesos complexos.

Cada artigo ten, polo menos, un autor e un editor. O autor pode convidar a outros autores para escribir introducindo as súas direccións de correo electrónico. Os cambios nos artigos gárdanse automaticamente e non hai posibilidade de perder o traballo feito.

Os artigos de ‘The Conversation’ teñen entre 800 e 1000 palabras e están escritos en linguaxe divulgativa, alcanzable para calquera persoa con estudos de bacharelato, e con referencias aos artigos e libros que serviron de base en forma de hipervínculos. O equipo de edición colabora cos autores dos artigos para contribuír, se fose necesario, a que os textos sexan accesibles e atractivos para o lector medio. ‘The Conversation’ elaborou unha Guía de Benvida que axuda aos autores que acceden por primeira vez á plataforma.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES