
As mostras presentadas distribuÃronse do seguinte xeito: 20 queixos inscritos da DOP Queixo Tetilla; 15 queixos na categorÃa DOP Arzúa-Ulloa e 5 queixos que competiron como Arzúa-Ulloa curado; 7 pertencentes á DOP San Simón da Costa e 2 queixerÃas na categorÃa de queixo fresco da DOP Cebreiro. No caso dos meles, 25 industrias proveron 17 meles para concursar na categorÃa A, de meles monoflorais, e outros 20 para a categorÃa B, correspondente a meles multiflorais.
Os paneis de cata estiveron formados por profesionais experimentados vencellados ao ámbito da gastronomÃa, da hostalerÃa, da comunicación e do sector agroalimentario. Eles foron os encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras que hoxe foron reveladas.
Acto de entrega
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidiu esta mañá a entrega de premios da XXIII cata dos queixos e da XIX cata dos meles de Galicia, onde destacou o prestixio da gastronomÃa galega en xeral e o dos queixos e meles en particular grazas á calidade das materias primas e do inmensurable esforzo do sector, nun ano atÃpico no que quedou claro que o medio rural é imprescindible.
AsÃ, o titular de Medio Rural puxo en valor dúas das producións máis senlleiras do agro galego, resaltando que “estes produtos gardan neles a calidade que define a Galicia, que son mostra da nosa excepcionalidade”. Neste senso, sinalou que o reforzo desa calidade está asegurado a través da Estratexia de dinamización do sector lácteo. Este plan monográfico toma en consideración a produción de elaborados lácteos como o queixo, que reflexa a aposta do Goberno galego pola mellora e a promoción da calidade dos produtos lácteos galegos.
Asà mesmo, mediante esta estratexia preténdese aumentar o peso das denominacións de orixe na transformación industrial, reforzando as campañas de promoción dos distintos selos de calidade no marco do relanzamento da marca “Galicia Calidade”, como punta de lanza para mellorar o posicionamento competitivo e a visibilidade do conxunto do sector, baseándose na calidade e na diferenciación. Tamén se traballará na adaptación dos formatos e envases dos queixos ás demandas de consumo e á tipoloxÃa dos fogares.
Nesta liña, o conselleiro matizou que se está traballando para mellorar, se cabe, o posicionamento dos produtos agroalimentarios no mercado, tanto nacional como internacional; na diversificación das producións e no fomento da industrialización no rural galego, xa que “o sector primario para Galicia é imprescindible, é garantÃa do noso porvir e é un motor esencial”, engadiu.
Neste senso, José González destacou o papel das catas de Galicia que promocionan uns produtos de alta calidade. AsÃ, felicitou ás 29 industrias queixeiras e 25 industrias de mel que participaron nesta edición e gabou a profesionalidade destes sectores que, nun ano atÃpico, souberon saÃr adiante e fortalecer o prestixio da gastronomÃa galega.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.