Archivo (12 del 2020)

Buscador

Noticias

O director do grupo de Medicina Xenómica do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), Ángel Carracedo, coordinará dende Santiago o programa de Medicina Xenómica, un dos tres financiados na Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT) da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020 do ISCIII.
A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de acordar a prórroga da campaña de vacinación contra a gripe 2020 que se estenderá ata o 16 de xaneiro de 2021, ou até esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron. A ampliación da campaña está destinada tanto para aquelas persoas que pertencen ás poboacións nas que a vacinación contra a gripe está indicada, como para a restante poboación que desexe vacinarse.
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, organismo dependente da Consellería de Sanidade, que coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na Comunidade Autónoma galega reitera, un ano máis, o seu chamamento aos condutores e aos peóns para que extremen as precaucións nas estradas durante os vindeiros días de festividade.
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) desenvolveu ao longo do ano 2020 un importante labor na visibilización e extensión do uso da lingua galega que se materializa en máis de 400 accións de promoción do uso social de idioma desenvoltas nas súas entidades, cun importante investimento que ascendeu a máis de 900.000 €, gran parte deles xestionados desde o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Os Premios Artesanía de Galicia 2020 serven para visibilizar un ano máis a mellora continua no labor dos artesáns galegos. Este certame busca contribuír a poñer en valor o sector, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar a remuda xeracional.
A retransmisión chegará a 16 países de Europa e América como Italia, Portugal, Holanda ou Arxentina, grazas a colaboración de Turespaña, a través de pantallas na praza do Gran Sablón en Bruxelas, na praza do Doumo en Milán, a de Pistoia, na Haia ou en Bos Aires. Ademais, a Televisión de Galicia retransmitirá todo o acto, a través do sinal convencional e da súa canle de Youtube.
A Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego dan ao prelo a obra 'Os animais de Fraguas', texto do polígrafo cotobadés ata o de agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais. O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da fundación, Xusto Beramendi, presentárona acompañados por Miguelanxo Prado (ilustrador), Kiko da Silva (director artístico) e Fuco Sangiao (coordinador editorial).
A exposición 'Don Ricardo de Fingoi' foi clausurada na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz; a deputada autonómica Elena Candia, e o alcalde do Concello de Mondoñedo, Manuel Otero, así como de outros membros da corporación. No acto participaron os netos do homenaxeado, Faustino e Margarita Cela Carballo-Calero, acompañados das súas familias.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vén de publicar na súa web o documento do Plan de Investimentos Conxuntos 2021-2027 para a súa consulta pública. Estará accesible ata o 22 de xaneiro para que todos os axentes interesados poidan facer as súas achegas de cara á concreción dun documento final, que será aprobado no próximo plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
O 93,4% dos concellos galegos que contan con sede electrónica. Este dato supón un crecemento superior ao 23% respecto á edición anterior desta enquisa. Así se desprende dos resultados do informe bianual “A Administración electrónica nos concellos galegos”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que recolle datos de 2019.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES