
O secretario xeral de Política Lingüística e presidente da RDL, Valentín García, deu conta delas na reunión anual do Consello de Membros da Rede, onde fixo balance da memoria de actividade 2020 e presentou as liñas de traballo para 2021.
Así, a RDL acolleu un total de 424 actividades de dinamización da lingua e da cultura galegas, das cales 359 se materializaron en espectáculos de artes escénicas (con 240 representacións teatrais e 119 concertos) e 65 noutros formatos culturais (exposicións, roteiros literarios, encontros temáticos ou presentacións).
As accións desenvoltas enfocáronse principalmente cara á promoción do uso do galego na infancia e na familia, na transmisión interxeracional do galego, na dinamización lingüística entre a mocidade ou no impulso á promoción do uso do idioma desde o lecer, tanto a través do coñecido programa FalaRedes como no reforzo ás programacións propias das entidades.
Obxectivos para 2021
As liñas de actuación aprobadas para o ano 2021 inciden en actividades destinadas a incrementar o uso que a mocidade fai do galego, nomeadamente as familias novas con fillos; na posta en valor do galego como vehículo de comunicación e activo empresarial no ámbito da lusofonía; no traballo lingüístico por medio dos valores transversais como a igualdade ou a sensibilización contra a violencia de xénero; na preservación, coñecemento e difusión da riqueza toponímica de Galicia e na visibilidade do idioma e da cultura galega no Camiño de Santiago, no marco da celebración do Xacobeo 2021.
Encontro anual
O Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística reúnese de forma anual desde a súa creación, en 2010. Trátase dun encontro ao que están chamados os responsables das entidades que a conforman (concellos, deputacións, mancomunidades, asociacións e a propia Xunta de Galicia) para facer balance das accións desenvoltas nos últimos doce meses e fixar as liñas de actuación dos vindeiros doce.
Canda Valentín García e os outros representantes da Administración autonómica, tomaron parte na sesión outros 30 responsables dos concellos da Estrada, Boqueixón, Bande, Viveiro, Lalín, A Coruña, Ames, Valga, Narón, Mondoñedo, A Pobra do Caramiñal, Cariño, Marín, Cuntis, Cedeira, Quiroga, Outes e Vilamarín, así como das deputacións da Coruña e Ourense e mais do Liceo de Ourense. Tamén participou na reunión ordinaria anual a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
Na sesión, ratificouse a entrada na RDL dos concellos do Corgo, Monterrei e da Pobra de Trives, co que o número total de entidades participantes no proxecto de promoción social do galego desde o ámbito local se sitúa arestora nos 202 (entre concellos, deputacións, mancomunidades, asociacións, fundacións, Consello da Cultura Galega, Fegamp...).
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.