
As creacións dos artesáns que habitualmente participan en Ofeitoaman non poderán estar este ano na rúa, pero o público vai poder contactar e mercar as súas pezas nos obradoiros, noutros puntos de venda, ou nas súas tendas virtuais, accedendo a toda a información a través da web de Ofeitoaman virtual: www.ofeitoaman.org, que xa está operativa.
Moitos dos artesáns participantes de Ofeitoaman teñen os seus obradoiros na cidade de Vigo, ou nos concellos limítrofes, polo que algúns deles contan con tendas físicas, ou admiten visitas nos seus obradoiros nas que poder mercar os seus produtos. Noutros casos, as pezas poden ser adquiridas a través das súas tendas en liña, ou ben noutras tendas especializadas de artesanía e agasallos. A web ofrece un enlace directo por Whatsapp no caso dos artesáns que teñen establecido este medio de contacto.
A web ofeitoaman.org permitirá o público unha visita virtual e o acceso a toda a información dos obradoiros, con fotografías, datos de contacto, indicacións sobre si admite visitas, ou puntos de venda alternativos. Ademais, a Asociación Galega de Artesáns pon a disposición de usuarios e consumidores un servizo de atención telefónica para calquera consulta ou axuda sobre produtos artesáns dos/as seus socios/as en toda Galicia: 981 293 688 (en horario de 8
a 14 h.), ou o 616 539 251 (tamén Whatsapp).
Este esforzo por facer visible a oferta de produtos da Artesanía de Galicia nestas datas, está unido o que fai a Xunta de Galicia a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, que publicou recentemente un catálogo de pezas de artesanía orientadas ós agasallos de Nadal, así como toda a información sobre artesáns en Galicia a través da web: www.artesaniadegalicia.xunta.gal
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.