A dirección de Zara LoxÃstica e os Servizos Xerais de Inditex respaldaron en todo momento as propostas do Centro, que procuraron buscar un deseño que puidese implicar a un gran número de persoas, especialmente ás que teñen maiores necesidades de apoio. Este deseño precisou todas as tarefas do preparado da madeira e, polo tanto, un traballo proactivo con mellores resultados terapeúticos, ocupacionais e de inclusión.
As pezas seleccionadas polo comedor de Zara LoxÃstica tiveron unha grande aceptación entre os traballadores, onde cada dÃa comen preto de 1.500 persoas. De feito, o Centro Ocupacional recibiu moitas consultas para interesarse por pedidos coma os expostos no centro de Arteixo. As árbores estarán a disposición do público en xeral baixo pedido pero xa de cara ás festas de 2021.
O comedor de Zara LoxÃstica é un referente na restauración colectiva mundial. Foi o primeiro en introducir cambios innovadores que apostasen pola sostibilidade, rachando falsos mitos e demostrando que ser sostible non é sinónimo de ser máis caro. O comedor aposta polos productos de proximidade, impulsa as razas autóctonas, reduce a pegada de carbono e promove un cambio social: que a poboación valore máis o campo, o mar e faga súa a conservación dos nosos recursos naturais.
Para o centro vilalbés "foi un reto ilusionante e o resultado, inmellorable. Ãbrese unha vÃa de colaboración con Zara LoxÃstica e coa empresa Verde Cúbico -responsable da organización-, que de seguro continuará o próximo ano con iniciativas que involucrarán a todos os obradoiros do centro". O Centro Ocupación Vilalba Terra Chá, remata con esta boa nova o ano 2020, que tan difÃcil foi e segue a ser para todos. Tamén quere transmitir unha mensaxe de agradecemento e de ánimo a toda a sociedade.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.