//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
O I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro, organizado conxuntamente pola Xunta e InvestiGal e enmarcado no Programa de Talento do Goberno galego, persegue establecer un punto de referencia que permita intercambiar ideas e establecer relacións entre o persoal investigador no estranxeiro e o afincado en Galicia; dar a coñecer a investigación que está a realizar este colectivo e manter o seu contacto con Galicia co obxectivo de que desenvolvan unha traxectoria de excelencia na nosa Comunidade. Así mesmo, servirá para dar a coñecer o ecosistema galego de I+D+i, representado pola Xunta e as tres universidades galegas, e visibilizar as oportunidades de retorno de talento á nosa Comunidade.
A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, destacou hoxe a importancia da regulación da intelixencia artificial durante a clausura do XVIII Congreso da Asociación Española de Profesores de Derecho Administrativo (AEPDA), dedicado ao Dereito Administrativo na era da intelixencia artificial. Durante a súa intervención destacou as oportunidades e avances que ofrece esta nova tecnoloxía pero tamén fixo fincapé na necesidade de desenvolver un marco normativo na Comunidade Autónoma, en liña co regulamento europeo de IA, para xerar confianza na cidadanía e nos empregados públicos.
Foron presentados os comités que asesorarán o Proxecto Xenoma Galicia, a nova iniciativa sanitaria coa que a Xunta recompilará o ADN de 400.000 galegos e galegas, co obxectivo de poder detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticalas dun xeito precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados. O devandito proxecto, permitirá identificar as variantes xenéticas das persoas que, con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, participen neste programa. Así, o conselleiro destacou o seu carácter de país, de acordo ao grande valor científico-sanitario que terá a recollida e secuenciación destes datos xenéticos.
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria participará no proxecto europeo AgrifoodTEF (Testing and Experimenting Facilities), que ten como fin a incorporación da intelixencia artificial e tecnoloxías robóticas ao sector agroalimentario e forestal. A Axencia forma parte dunha iniciativa que, en total, mobilizará 60 millóns de euros nos próximos catro anos. Este orzamento está repartido entre nove Estados membro da UE (Alemaña, Austria, Bélxica, España, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Suecia) con 30 entidades participantes.
A nova plataforma, que se insire dentro do Plan Obesidade Zero, estrutúrase ao redor de catro grandes eixos que teñen por obxectivo contribuír ao mantemento dunha boa saúde entre os galegos e galegas. En concreto, a alimentación saudable, a realización de actividade física, o coidado do benestar emocional e a prevención de condutas adictivas. Deste xeito, Sanidade Mediaverso contén recursos dixitais, audiovisuais, aplicacións, xogos e programas de realidade aumentada e virtual, nos que se achegan solucións para acadar un estado de saúde óptimo, e cuxas destinatarias son persoas de todas as idades.
Desde 1993, o Cesga foi varias veces líder a nivel estatal en capacidade de cálculo, destacando o fito de converterse no ano 2007 en Infraestrutura Científico-Tecnolóxica Singular como membro da Rede Española de Supercomputación. En 30 anos, o centro multiplicou por 2 millóns a potencia do primeiro supercomputador, por 250.000 a capacidade de memoria e por 3 millóns a de almacenamento. O nacemento do Cesga coincidiu coa extensión do uso de internet en Galicia a través da RedIris. Entre os seus maiores activos atópanse os seus recursos humanos, que pasaron de 6 a 51, e a ampla comunidade de usuarios, que pasou de 89 a máis de 1.150 actualmente.
A súa finalidade é impulsar a colaboración entre os distintos axentes de demanda e oferta tecnolóxica dunha forma áxil, directa e aberta, para acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico, valorizar o coñecemento e que as pemes atopen os recursos e capacidades que precisan para innovar. InnovaRede nace con información de 35 axentes de I+D+i de Galicia e coa aspiración de seguir medrando. A plataforma recolle unha síntese de información priorizada de cada un deles sobre quen son, onde se atopan, como contactalos e a que se dedican. En total, a ferramenta inclúe 750 patentes, 3700 publicacións e 3500 proxectos, que representa o coñecemento de maior utilidade para as empresas.
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, recibiu o encargo da Xunta de Galicia para o nomeamento dunha Comisión de Expertos, un grupo de profesionais de recoñecido prestixio en tecnoloxía, ciencias e humanidades, que asesorará ao goberno galego no campo da intelixencia artificial, co obxectivo de facilitar a toma de decisións con criterios éticos, fiables e humanistas. A creación deste comité asesor de alto nivel é unha das medidas previstas na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 (EGIA), aprobada en 2021 e que converteu a Galicia nunha rexión pioneira neste eido.
Deste o xoves pola tarde e ata o vindeiro martes, Ourense acolle a celebración de Futurgal Summit 2023, unha cita na que participan máis de 50 especialistas. A través de experiencias de éxito e o coñecemento disruptivo, quere profundar en ideas audaces e transformadoras para resolver os novos desafíos da sociedade e construír un futuro sostible e inclusivo. As súas primeiras sesións estiveron dedicadas a diferente apoios que teñen as persoas emprendedoras para sacar adiante os seus proxectos. O evento está organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello autorizou o inicio da tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial (IA), que converterá 'Galicia na primeira rexión europea en regular por lei o uso' desta tecnoloxía. 'O obxectivo é garantir que os sistemas de intelixencia artificial que se utilizan na comunidade son fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas', resaltou. A lei establecerá os principios éticos para o deseño, adquisición implementación e uso de sistemas de IA por parte da Administración baixo criterios de dilixencia, auditabilidade, explicabilidade, transparencia, imparcialidade, ausencia de nesgos, seguridade ou privacidade.
A IA ten voz nova na Coruña. Máis dun cento de investigadores e investigadoras emerxentes reuniranse no CITIC, centro que forma parte da Rede CIGUS, e na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, para compartir os avances que marcarán o futuro da tecnoloxía.
O VIII Congreso XoveTIC consolídase como un punto de encontro de referencia para o talento universitario e os centros de investigación, onde se presentan proxectos que exploran o aprendizaxe profundo, o machine learning cuántico e as aplicacións éticas e sostibles da IA.
'Foi un absoluto transformador da Universidade'. Con estas verbas o reitor Antonio López Díaz referiuse ao que fora profesor da USC, o químico Fernando Calvet i Prats, figura central do acto co que a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) conmemorou este mércores 8, no Colexio de Fonseca, o Día da Ciencia en Galicia. Calvet i Prats (Vilafranca del Penedès, Barcelona, 1903 - Barcelona, 1988) foi o introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia, iniciador da investigación química na USC nos anos 30 do pasado século e pioneiro na aplicación da química á industria.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o vindeiro luns 13, a primeira das conferencias do Ciclo 'Auto-Sinerx-IA. A Automática e a IA como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade', que organiza un grupo de docentes do Departamento de Enxeñaría Industrial vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol grazas á convocatoria de axudas para a organización de xornadas divulgativas e ciclos de conferencias da UDC.
Promovido pola asociación Digraes, capítulo español da Digital Games Resarch Association (DIGRA), e polo grupo de investigación V-NPC da UVigo, a Facultade de Comunicación acollerá do 22 ao 24 de outubro o principal congreso académico sobre estudos de xogo de España. Centrado nun campo interdisciplinario que explora os videoxogos desde múltiples perspectivas, poñendo o foco tanto nos aspectos tecnolóxicos e artísticos, como nos culturais ou sociais, o IV Congreso Internacional Digraes reunirá, de xeito preto dun centenar de investigadores.
Arredor de 700 estudantes, persoal médico e profesionais sanitarios de todo o país e especialistas de referencia internacional danse cita este venres e o sábado na primeira edición do Congreso Internacional de Medicina Clínica (CIMEC), que baixo o lema Formar hoxe ao médico de mañá se desenvolve na Cidade da Cultura. O evento preséntase como un espazo de encontro entre persoal profesional consolidado e novas xeracións e de abordaxe de cuestións claves para a práctica clínica.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas galegos en activo das universidades da Coruña e Vigo. Esta distinción valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas. A entrega dos galardóns terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro 8 de outubro en Santiago.
O grupo de Análise de Concas Sedimentarias do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lidera un proxecto que busca estudar a dinámica xeolóxica e sedimentaria da ría de Vigo e analizar a resposta dos ecosistemas costeiros ás variacións climáticas e ao nivel do mar. A iniciativa conta cun financiamento de 156.250,00 euros no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.
Un equipo internacional liderado polo investigador do CITIC Xabier Pérez Couto reconstruíu a historia orbital do terceiro obxecto interestelar detectado no noso Sistema Solar: 3I/ATLAS. O traballo, dispoñible no repositorio aberto arXiv e enviado para publicación á revista científica The Astrophysical Journal, revela a traxectoria seguida por este cometa ao longo dos últimos 10 millóns de anos na Vía Láctea. 3I/ATLAS foi descuberto o pasado 1 de xullo polo sistema ATLAS en Chile.
A Comisión Europea elixiu este verán un proxecto coordinado pola Universidade de Vigo para representar a Europa na Expo Osaka 2025, un evento internacional no que participan máis de 150 países e organizacións internacionais cunha proxección estimada de 28 millóns de visitantes. A cita, que arrancou en abril e se prolongará ata outubro, celébrase este ano baixo o lema 'Deseñando a sociedade do futuro para as nosas vidas'.
A Unión Astronómica Internacional (UAI) acaba de bautizar un asteroide co nome (14005) Ferrinmoreiras na honra da científica Antonia Ferrín Moreiras, pioneira na USC e en España. Foi a primeira muller en formar parte do cadro de profesores da Facultade de Matemáticas da USC, a primeira en realizar investigacións no compostelán Observatorio Astronómico Ramón María Aller e a primeira doutora en astronomía de España.