Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.271 deles 496 son da área da Coruña, 280 da de Lugo, 381 da de Ourense, 281 da de Pontevedra, 330 da área de Vigo, 318 da de Santiago e 182 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 192 en unidades de hospitalización e 2.072 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 675.937 persoas curadas, rexistrándose 3.932 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.990.680. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.131.665.
A día de hoxe o sistema educativo galego acolle nas súas aulas más de 700 nenos ucraínos que, desde o inicio da invasión rusa, se foron incorporando a 125 centros, un número que segue aumentando diariamente. Desde o primeiro momento, a Xunta puxo en marcha un Plan de Acollida para axilizar a escolarización dos nenos desprazados, que se foi completando posteriormente con medidas específicas de apoio como a elaboración de dicionarios galego-castelán-ucraíno e a participación de auxiliares de conversa para facilitar a comunicación, o reparto de material pedagóxico específico como kits informáticos e maletas viaxeiras cos diferentes materiais didácticos.
A Xunta de Galicia creará o Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública, en busca da excelencia na vixilancia epidemiolóxica, e con fin de protexer e mellorar de maneira equitativa a saúde e a seguridade da cidadanía galega. A súa creación responde á necesidade de reforzo das estruturas da Dirección Saúde Pública derivadas da experiencia da pandemia e permitirá a retención e captación de talento, a través de novas fórmulas de provisión de persoal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.009, deles 444 son da área da Coruña, 229 da de Lugo, 359 da de Ourense, 210 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 330 da de Santiago e 169 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en UCI, 145 en unidades de hospitalización e 1.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 674.179 persoas curadas, rexistrándose 3.925 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.985.756.
A Comisión Europea, a través da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (EIP on AHA), concedeu o máximo galardón a Galicia como Rexión de Referencia no desenvolvemento e a adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable con catro estrelas, das catro posibles. O recoñecemento enmárcase dentro cuarta convocatoria de Reference Sites 2022. Na súa primeira edición en 2013, Galicia foi recoñecida coma Reference Site con dúas estrelas e recibiu unha das cinco mencións de honra dadas pola Comisión para reflectir os logros conseguidos pola nosa historia clínica electrónica.
A Oficina Técnica da Seca acorda manter a situación de seca prolongada en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa ante os baixos niveis dos ríos e dos encoros. Dado que o 1 de outubro comezou o novo ano hidrolóxico, que se contabiliza ata o 30 setembro do próximo exercicio, na reuión realizouse un balance das aportacións hídricas na bacía Galicia-Costa no período 2021-2022, habendo moitos menos recursos hídricos que outros anos, un 44,77% menos que o promedio histórico, sendo o segundo peor dato nos últimos 12 anos.
Galicia rexistrou un mes de setembro cálido e cun volume de precipitacións que se moveu dentro dos valores habituais na Comunidade para esta época do ano. Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a temperatura media situouse 0,6 graos por riba do valor histórico do período de referencia 1981-2010, concentrándose a anomalía máis acusada nas mínimas, que foron 1,1 graos máis altas do agardado. No que respecta ás precipitacións, os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade reflicten que choveu un 1% menos do habitual para este mes, polo que o período pode considerarse normal.
A UE está a revisar actualmente a lexislación vixente en materia de uso do solo, cambio de uso do solo e silvicultura (LULUCF polas súas siglas en inglés) co obxectivo de que estes sectores acaden a neutralidade climática en 2035. Para iso, a UE está a reforzar os incentivos para aumentar o número de sumidoiros naturais de carbono nas terras agrícolas e para reducir as emisións destas actividades, incluídas as emisións agrícolas distintas do CO2, como as derivadas do uso de fertilizantes e do gando.
Na categoría de radio, o premio foi para a Asociación PuntoGal polo seu proxecto Abre na rede (da axencia Quattro IDCP), no que se asocia a lingua galega ás redes sociais e, en televisión, para R Cable e Telecable Telecomunicacións por Vai escampar, (Quattro IDCP). Na categoría de internet, premiouse o C.R.D.O Ribeiro polo anuncio Treixadura-Modo Ribeiro (Nasas). En prensa escrita Aqualia con A auga en Vigo é de alta calidade (Ecovigo Publicidade), e na categoría de centro educativo, o CIFP Leixa por Cambio climático.
A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da Misión de Adaptación ao Cambio Climático, unha iniciativa cuxo obxectivo é apoiar ás comunidades para acelerar a súa transformación cara á resiliencia climática, prestándolles axuda para comprender, prepararse e xestionar mellor os riscos introducidos por este fenómeno. Así, Galicia ratifica o seu compromiso de apostar pola neutralidade climática e impulsar os esforzos de adaptación a través da participación dos cidadáns no proceso de toma de decisións e mediante o estímulo de investimentos públicos e privados.
« Anterior | 57  de  401 | Siguiente »

Notas sociedad

Creouse o pasado mes de decembro e aspira a converterse no primeiro centro interuniversitario de investigación e transferencia no ámbito das ciencias sociais e humanas con vocación internacional. Falamos do Cispac, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais, unha iniciativa que se presentou na UVigo.
A mostra 'Defensoras' lembra no Campus de Lugo o cometido desenvolvido ao longo da historia por once mulleres que destacaron pola súa loita a prol da defensa dos dereitos humanos. A exposición, coordinada pola profesora Beatriz Fernández Herrero e elaborada por alumnado de último curso do grao en Ciencias da Cultura, está estruturada en paneis informativos que achegan unha semblanza destas verdadeiras referentes na loita polos dereitos humanos.
O Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organiza a Campaña de Divulgación Científica da UDC cunha ampla e variada oferta de charlas e obradoiros en liña ou presenciais, dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior dos centros de Galicia. As propostas son moi variadas e impártense de forma atractiva para espertar o interese do alumnado.
A UDC Saudable e as súas entidades colaboradoras ofertan para o ano 2022 un total de 35 conferencias presenciais, en liña ou híbridas dirixidas a toda a comunidade universitaria e, especialmente, ao estudantado. Aquelas facultades ou escolas interesadas en acoller unha ou varias destas propostas poderán solicitar xa a súa impartición.
A área de Cultura da USC no Campus de Lugo mantén aberta a inscrición para os obradoiros e actividades promovidas ao longo dos segundo cuadrimestre do curso ao abeiro dos espazos de Fotografía, Cine e Teatro da USC no Campus de Lugo, cuxa programación inclúe obradoiros abertos de teatro, cursos de expresión fotográfica e de experiencias de creación de cine con teléfono móbil ademais de sesións formativas orientadas a pensar e contar unha serie de televisión.
A Universidade da Coruña sitúase no posto 49 no ránking internacional Green Metric que mide a sustentabilidade ambiental dos campus, e mellora os seus resultados da edición do ano pasado en 16 postos. Nesta listaxe, a UDC está no cuarto posto no ámbito español e continúa como Universidade líder en sustentabilidade en Galicia.
Supermercados Gadis inicia la segunda edición de Alimentes Digital, la plataforma de formación interactiva diseñada para fomentar hábitos de alimentación saludables en Educación Infantil y Educación Primaria de Galicia y Castilla y León. Dirigida tanto a profesores como a alumnos, se han introducido mejoras para ofrecer un recurso didáctico todavía más amplio gracias a la experiencia obtenida durante el curso pasado.
O equipo do profesor da USC Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab e pertencente a CRETUS, acaba de ser seleccionado polo Programa Pleamar 2021 da Fundación Biodiversidad para abordar unha nova etapa do proxecto ECOSER. Esta investigación xa avaliara entre 2019 e 2021 como os servizos dos ecosistemas das áreas mariñas protexidas (AMP) contribúen ao benestar das sociedades na súa contorna.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto co alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, no acendido da Casa do Concello no marco da iniciativa #AcendeOXacobeo. O municipio uniuse a esta iniciativa e forma parte das 46 localidades galegas que contan con algún dos 54 monumentos iluminados cos logos do Xacobeo e a frecha amarela nas distintas rutas xacobeas para recibir ao segundo ano do Xacobeo, neste caso no Camiño Portugués.
A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición 'Galicia futura. Todo o que imos ser', que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250. Ademais, un milleiro de escolares participaron no programa didáctico dunha mostra que supuxo a volta presencial das visitas educativas presenciais tras a pandemia.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES