
A selección de Defensoras abrangue un amplo período de tempo e diferentes áreas xeográficas e culturais. Daquela, nesta escolma figuran mulleres como Eleanor Roosevelt, principal promotora da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, ata outras máis actuais como a paquistaní Malala Yousafzai, defensora do dereito á educación, Theresa Kachindamoto, que traballa por abolir o matrimonio infantil en Malawi; a xaponesa Yosano Akiko e a súa loita por acadar a independencia das mulleres, a brasileira Marielle Franco e o seu incansable traballo en favor dos colectivos LGTBI, a defensa dos dereitos indíxenas e medioambientais da guatemalteca Lolita Chávez ou a reivindicación do dereito á auga levada a cabo pola india Amla Ruia.
Esta actividade formativa e de sensibilización que desenvolve o alumnado do grao en Ciencias da Cultura por terceira vez, ten como obxectivo dar a coñecer a tarefa de mulleres que traballan por facer realidade a universalización dos dereitos humanos. As persoas interesadas poden visitar a mostra ata o 28 de febreiro no vestíbulo de entrada á cafetería da Facultade de Humanidades de Lugo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.