Noticias

PuntoGal, R, Telecable, o C.R.D.O. Ribeiro, Aqualia e o CIFP Leixa reciben os XXVIII Premios Publicidade en Galego

Na categoría de radio, o premio foi para a Asociación PuntoGal polo seu proxecto Abre na rede (da axencia Quattro IDCP), no que se asocia a lingua galega ás redes sociais e, en televisión, para R Cable e Telecable Telecomunicacións por Vai escampar, (Quattro IDCP). Na categoría de internet, premiouse o C.R.D.O Ribeiro polo anuncio Treixadura-Modo Ribeiro (Nasas). En prensa escrita Aqualia con A auga en Vigo é de alta calidade (Ecovigo Publicidade), e na categoría de centro educativo, o CIFP Leixa por Cambio climático.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na entrega da XXVIII edición dos Premios Publicidade en Galego, convocados conxuntamente pola Xunta, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, Fp e Universidades felicitou aos galardoados “pola súa creatividade e orixinalidade técnica e lingüística e por ilustrar e visibilizar un compromiso firme de responsabilidade social coa lingua galega”. Neste acto tamén interviñeron Miguel Ángel Santalices e José González, presidente do Foro Enrique Peinador.

Os premios desta edición, que se corresponden con traballos realizados en 2020, foron entregados atendendo a cinco categorías distintas segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.

Os galardoados

Na categoría de radio, o premio foi para a Asociación PuntoGal polo seu proxecto Abre na rede da axencia Quattro IDCP, no que se asocia a lingua galega ás redes sociais e, en televisión, para R Cable e Telecable Telecomunicacións por Vai escampar, tamén da axencia Quattro IDCP.

Na categoría de internet, premiouse o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro) polo anuncio Treixadura-Modo Ribeiro da axencia Nasas. En prensa escrita Aqualia con A auga en Vigo é de alta calidade da axencia Ecovigo Publicidade, na categoría de centro educativo, o Centro Integrado de Formación Profesional CIFP Leixa por Cambio climático, elaborado por dous alumnos e unha profesora deste centro.

Así mesmo, o xurado outorgoulle por unanimidade unha mención de honra á empresa Sistemas de Seguridade A1, polo seu uso continuado na comunicación e difusión publicitarias. Para cada categoría, agás para a especialidade educativa, configuráronse dúas modalidades de premio, de xeito que polos traballos galardoados recibiron cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.

R., 2022-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES