
A Universidade da Coruña reafirma o seu compromiso coa saúde mental e o benestar emocional da comunidade universitaria coa participación na posta en marcha do novo protocolo común de acompañamento psicolóxico ao estudantado das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), desenvolvido en colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas).
A creación deste marco común é tamén resultado da aposta estratéxica da Universidade da Coruña pola colaboración interuniversitaria en materia de saúde mental. Este avance institucional consolida unha liña de traballo que a UDC vén desenvolvendo desde hai anos a través de Afrontemos, iniciativa pioneira no ámbito universitario galego que situou a atención á saúde mental e ao benestar emocional entre as prioridades estratéxicas da institución.
Desde a súa creación en 2021, Afrontemos recibiu 626 solicitudes de información ou atención psicolóxica, todas elas atendidas en breves prazos, e prestou acompañamento terapéutico a 577 persoas da comunidade universitaria. Na actualidade, non existe listaxe de agarda e as persoas usuarias acceden a unha primeira cita nun prazo inferior a quince dÃas.
O programa desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) baixo a dirección de ValentÃn Escudero, combina atención psicolóxica especializada, accións de prevención e sensibilización, formación e orientación, converténdose nun referente no ámbito universitario galego. A experiencia acumulada ao longo destes anos serviu de base para avanzar cara a modelos de cooperación máis amplos entre as institucións de ensino superior de Galicia.
A UIICF conta cunha ampla traxectoria no traballo con infancia, adolescencia, familias e mocidade, tanto desde a investigación como desde a intervención e a transferencia de coñecemento. Ademais, está acreditada polo Sergas como centro sanitario especializado en psicoloxÃa clÃnica e sanitaria, unha circunstancia que reforza a calidade e a solvencia técnica do servizo prestado.
O novo protocolo común entre o Sergas e as tres universidades galegas establece criterios homoxéneos de acceso, avaliación, intervención e derivación, asà como mecanismos de coordinación entre os servizos universitarios e o sistema público de saúde. Entre as actuacións previstas inclúense a atención psicolóxica breve individual e grupal, actividades preventivas e psicoeducativas, asesoramento ao estudantado e ao persoal universitario, accións de difusión e coordinación permanente cos recursos asistenciais comunitarios.
A colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica acumulada polos servizos universitarios de atención psicolóxica e a evidencia cientÃfica dispoñible neste ámbito.
Para a Universidade da Coruña, a posta en marcha deste protocolo supón o recoñecemento dunha traxectoria sostida no tempo a favor da saúde mental universitaria. A experiencia desenvolvida a través de Afrontemos demostra a importancia de contar con recursos accesibles, especializados e próximos ao estudantado para contribuÃr ao seu benestar persoal, social e académico.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.