
Entre os obxectivos do Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades estará a implantación de estratexias que permitan o mellor control da enfermidades, trasmisibles ou non trasmisibles así como contribuír á preparación do Sistema público de saúde de Galicia ante riscos e ameazas e coordinar as accións a aplicar, ao tempo que impulsará o traballo en rede coas entidades sanitarias, académicas e de investigación, apostando polo emprego de ferramentas baseadas na intelixencia artificial.
Así, a Consellería de Sanidade potencia un traballo en rede que estea á vangarda en ciencia, calidade e seguridade; e incide nunha resposta rápida aos brotes, a posta en marcha de accións temperás e estratexias de prevención apropiadas e inmediatas.
O consellerio de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto ca directora xeral de Saúde Pública e o director xeral de Asistencia Sanitaria, presentaron esta mañá ós xefes de Medicina Preventiva e Saúde Pública das sete áreas sanitarias, as liñas estratéxicas deste centro.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.