
Un total de 72 docentes da universidade ofrecen 124 actividades diferentes que abranguen as cinco ramas de coñecemento: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e XurÃdicas e EnxeñarÃa e Arquitectura. As actividades propostas inclúen charlas ou obradoiros de temas de actualidade e de interese para o alumnado. Es de ciencias ou de letras? Tres saÃdas profesionais despois de estudar FiloloxÃa (charla); Microplásticos no medio ambiente (obradoiro); O mundo na túa cabeza (charla); A Covid-19 e os novos hábitos de compra, o comercio electrónico veu para quedarse? (charla); ou Por que flotan os barcos (obradoiro) son algunhas das propostas que poden atoparse en: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/divulgacion-cientifica/
Para participar neste programa, os centros só teñen que solicitar a actividade que máis lles interese contactando directamente co profesor que a imparte.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.