Notas de prensa

A exposición 'Galicia futura' encara a súa derradeira semana por riba das 35.000 visitas

A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición 'Galicia futura. Todo o que imos ser', que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250. Ademais, un milleiro de escolares participaron no programa didáctico dunha mostra que supuxo a volta presencial das visitas educativas presenciais tras a pandemia.

A mostra impulsada pola Xunta de Galicia, que aínda pode visitarse de balde todos os días desta semana con horario de 10,00 a 20,00 horas no primeiro andar do Museo, convida a un suxestivo percorrido que dialoga entre arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade. A mostra tamén se achegará a outras cidades galegas ao longo de 2022, grazas a un programa de itinerancias (que se dará a coñecer proximamente) e que se enmarca no obxectivo estratéxico do Gaiás de converterse nunha factoría de contidos para outros centros culturais de Galicia, descentralizando a súa actividade.

Con Galicia futura a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pecha a triloxía de grandes exposicións organizadas con motivo do Xacobeo, que comezou con Galicia, un relato no mundo e continuou con Galicia, de Nós a nós.
Un espazo de creación

A mostra quere transcender os límites físicos do propio museo e impulsar procesos artísticos propios. Así, exhibe unha vintena de pezas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes da plástica, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música galega. Obras da dramaturga Marta Pazos, o cineasta Oliver Laxe, os artistas Rubén Ramos Balsa e Vítor Mejuto, o fotógrafo Damián Ucieda ou a poeta Estíbaliz Espinosa, entre outros moitos, contribúen á visión diversa e coral que tenta ofrecer a exposición.

A mostra está comisariada por Miguel Ãngel Cajigal e Deborah García Bello, coñecidos nas plataformas dixitais como @elbarroquista e @deborahciencia, dous galegos que nos últimos anos se situaron entre os divulgadores máis dinámicos e recoñecibles no eido artístico e científico. Ademais, coa exposición como pano de fondo e conducido por Deborah García Bello, o encontro #Culturalike3 congregou tamén no Gaiás a seis recoñecidos divulgadores para falar de novos modelos de comunicación da cultura e a ciencia con nomes como a escritora Espido Freire, a historiadora Sara Rubayo, a bióloga e neurocientífica Tamara Pazos ou o químico e investigador Juan Manuel Bermúdez.

Imaxinando o porvir

Partindo da pregunta Como imaxinas ti a Galicia futura?, a exposición toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, en base ao traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda e propóndose amosar o que se está a facer desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber nos permiten comprender a súa progresión, e procurar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia.

Galicia Futura, 2022-01-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES