Noticias

Galicia aposta por centrar os esforzos en reducir as emisións da agricultura para acadar a neutralidade climática neste sector en 2035

A UE está a revisar actualmente a lexislación vixente en materia de uso do solo, cambio de uso do solo e silvicultura (LULUCF polas súas siglas en inglés) co obxectivo de que estes sectores acaden a neutralidade climática en 2035. Para iso, a UE está a reforzar os incentivos para aumentar o número de sumidoiros naturais de carbono nas terras agrícolas e para reducir as emisións destas actividades, incluídas as emisións agrícolas distintas do CO2, como as derivadas do uso de fertilizantes e do gando.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións. Neste encontro, os membros de NAT debateron sobre as estratexias rexionais de adaptación para acadar unha agricultura baixa en carbono, un ditame de opinión que está a liderar o presidente da rexión francesa de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard, e que reviste gran importante para Galicia.

A UE está a revisar actualmente a lexislación vixente en materia de uso do solo, cambio de uso do solo e silvicultura (LULUCF polas súas siglas en inglés) co obxectivo de que estes sectores acaden a neutralidade climática en 2035. Para iso, a UE está a reforzar os incentivos para aumentar o número de sumidoiros naturais de carbono nas terras agrícolas e para reducir as emisións destas actividades, incluídas as emisións agrícolas distintas do CO2, como as derivadas do uso de fertilizantes e do gando.

Neste debate, Galicia considera que a capacidade de fixación de CO2 da agricultura é limitada, ademais de difícil de avaliar, polo que considera máis eficaz centrar os esforzos na redución de emisións. En concreto, aposta por incrementar a eficiencia enerxética da agricultura, aumentar o uso de enerxías limpas e aplicar técnicas agronómicas de redución de emisións.

Outro dos puntos controvertidos deste debate é o modo de certificación da eliminación de carbono na agricultura. O obxectivo do regulamento que se está debater é crear sistemas estandarizados, transparentes e sostibles de absorción de CO2 por parte de agricultores, silvicultores e industrias, ademais de establecer normas que supervisen e verifiquen a autenticidade desta eliminación.

Galicia leva un tempo traballando para lograr unha agricultura baixa en carbono e poder alcanzar así os obxectivos antes mencionados. Estes avances e sistemas nos que vén traballando Galicia poderíanse ver afectados pola nova normativa na que está a traballar a Comisión Europea, que se basea nunha serie de criterios diferentes aos que ten adoptado Galicia seguindo marcos internacionais vixentes.

A este respecto, Jesús Gamallo sinalou tras a reunión que “Galicia apoia a proposta da Comisión de explorar novas formas de apoiar a agricultura baixa en carbono” pero advertiu que "esta nova normativa podería afectar non só a Galicia senón a outras moitas rexións europeas que xa levan tempo traballando en sistemas de certificacións conforme á regulación de organismos internacionais”.

A Xunta de Galicia solicita que, antes de marcar uns criterios definitivos, a Comisión Europea debería ter en conta as boas prácticas e a opinión de Galicia e outras rexións que xa teñen experiencia neste eido. Neste sentido, Jesús Gamallo considera que a Comisión Europea “debe facilitar a participación dos entes locais e rexionais elaborando un borrador breve, claro e conciso, que estableza as propostas esenciais para o sistema de certificación” e, engade, que este documento debe ser debatido polas entidades con competencias en materia agraria dentro de cada Estado membro.

Produtos con indicación xeográfica e seguridade alimentaria

Na reunión da comisión de Recursos Naturais tamén se aprobaron dous ditames. O primeiro deles refírese á reforma do sistema de indicacións xeográficas protexidas (IXP), que busca mellorar este sistema engadindo, no seu caso, criterios específicos de sustentabilidade e facéndoo máis equitativo entre todos os Estamos membros.

O segundo dos ditames trata sobre salvagardar a seguridade alimentaria e reforzar a resistencia do sistema alimentario. As consecuencias da guerra en Ucraína están a provocar problemas co abastecemento de alimentos e isto deberían levar a unha reflexión e redefinición da política de produción e distribución de alimentos da UE.

Ademais, no encontro deste mércores tamén se debateu sobre a creación dun espazo europeo de datos sanitarios que debería axudar a afrontar mellor as posibles crisis sanitarias. Os derradeiros temas que se discutiron na sesión de NAT foron a busca dun equilibrio entre as necesidades das comunidades locais, os empresarios e os viaxeiros en relación aos alugueres a curto prazo; e a consecución de obxectivos e instrumentos que axuden a crear unha Europa rural intelixente.

Galicia na comisión NAT do Comité Europeo das Rexións

Neste sétimo mandato do CdR que deu comezo a principios de 2020, Galicia participa na comisión de Recursos Naturais (NAT) e na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). NAT prepara os ditames de opinión dos municipios e rexións europeas en áreas como a Política Agrícola Común, a pesca, o turismo ou a saúde pública.

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

R., 2022-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) vén de poñer en marcha un novo laboratorio de investigación en cuántica, que reforza as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas e completa a oferta de infraestruturas científico-tecnolóxicas do ecosistema de I+G+i. A posta en marcha deste novo laboratorio sitúa a Galicia nunha posición aínda máis competitiva neste ámbito e permite abordar de maneira integral a investigación, a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións e a súa transferencia ao tecido produtivo.
Foto de la tercera plana (emprego-industrial.jpg) Galicia rexistra en xuño con 1.123.034 cotizantes o máximo de afiliacións á Seguridade Social e con 105.768 persoas paradas o nivel de desemprego máis baixo de toda a serie histórica. No caso das afiliacións, soben tanto na comparativa anual como na mensual. Hai preto de 20.400 afiliacións máis que hai un ano e case 11.200 cotizantes máis que hai un mes, sendo na comparativa mensual o ritmo de subida maior ao estatal. En relación co paro, cae tanto na comparativa anual , cunha redución do -1,39 % como na mensual, neste caso un -3,28 %.

Notas

Só o 13,2 % das empresas en Galicia dispón dunha política formal de xestión do risco, unha cifra que mesmo descende respecto á rexistrada hai cinco anos (16,7 %). É unha das principais conclusións do estudo 'La gestión del riesgo en el sector empresarial gallego' promovido por Fundación Inade e elaborado polo Centro de investigación ECOBAS cuxos resultados se presentaron no marco da primeira edición de RISKGALICIA.
Os coidados informais en Galicia equivalen a 491,35 millóns de horas anuais e o seu valor monetario sitúase en arredor de 5500 millóns de euros ao ano. Estes son algúns dos datos recollidos no estudo El Derecho al Cuidado y la Economía de los Cuidados en España. O documento, realizado no marco do proxecto Iberlongeva coa participación da Universidade de Vigo, foi presentado este xoves no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES