
A Comisión Europea, a través da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (EIP on AHA), concedeu hoxe en Bruxelas o máximo galardón a Galicia como Rexión de Referencia no desenvolvemento e a adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable con catro estrelas, das catro posibles.
Nun acto celebrado hoxe, e retransmitido pola Comisión Europea, o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, en representación da Consellería de Sanidade, recibiu o máximo galardón.
O recoñecemento enmárcase dentro cuarta convocatoria de Reference Sites 2022. Na súa primeira edición en 2013, Galicia foi recoñecida coma Reference Site con dúas estrelas e recibiu unha das cinco mencións de honra dadas pola Comisión para reflectir os logros conseguidos pola nosa historia clínica electrónica tanto en resultados como en integración. Posteriormente, na seguinte convocatoria en 2016, Galicia logrou tres estrelas das catro posibles, logrando en 2019 o máximo galardón con catro estrelas que conseguiu revalidar.
Candidatura
En xullo deste ano, a Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, presentou a candidatura para optar a reacreditación que ten lugar cada tres anos, demostrando a existencia de estratexias integrais para avanzar en innovación para un envellecemento activo e saudable, baseado nun modelo de cuádrupla hélice que inclúe á industria, a sociedade, a academia e as autoridades gobernamentais a nivel rexional e local.
A candidatura mostrou a aposta do departamento que dirixe Julio García Comesaña pola compra pública innovadora, con proxectos como o Plan de envellecemento activo Código 100, e proxectos actualmente en marcha como INNOVATRIAL ou Innova MicroLab. A candidatura inclúe a posta en marcha do primeiro living lab de saúde do Sergas no Hospital Universitario de Ourense, rexión das máis envellecidas de Europa. Recolle tamén a internacionalización do sistema público de saúde con iniciativas lideradas por Galicia como o proxecto TITTAN -rede de intercambio europea de boas prácticas para potenciar a innovación naquelas liñas de traballo que afectan ao envellecemento-.
A aposta pola dixitalización e a Intelixencia Artificial da Consellería de Sanidade volveu ser premiada pola iniciativa europea. Con experiencia a longo prazo no desenvolvemento de sistemas baseados en IA como CADIA (Hospital2050) ou ADICAD (InnovaSaúde), a candidatura tamén recolleu iniciativas en marcha como TARTAGLIA -rede federada de Intelixencia Artificial para acelerar a Investigación Sanitaria-; ou a oitava área sanitaria do Sergas, que permite aos profesionais acceder a toda a información clínica de forma anonimizada.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.