
O Green Metric Ranking of Universities, a clasificación universitaria de maior alcance internacional, é un informe elaborado anualmente pola Universidade de Indonesia no cal se comparan os esforzos das universidades cara a sustentabilidade ambiental e as polÃticas de xestión respectuosas co ambiente, promovendo asà a loita contra o cambio climático. Ao mesmo tempo, tamén pretende promover a mellora continua e o compromiso destas institucións para abordar os problemas de sustentabilidade.
Para elaborar este ránking analÃzanse múltiples indicadores agrupados en seis eixos: Infraestruturas, EnerxÃa e cambio climático, Residuos, Auga, Transporte, e Educación e investigación. Nesta convocatoria, marcada pola situación derivada da Covid-19, incluÃronse novos indicadores que permitiron valorar os esforzos das universidades para continuar os seus programas e polÃticas de sustentabilidade na situación especial de pandemia.
A Universidade da Coruña continúa a tendencia positiva dos últimos anos e mellora en 16 postos a súa clasificación global. Con isto, a UDC sitúase na 49ª posición mundial de entre as 956 universidades participantes (45 máis que no ano anterior), ao tempo que se inclúe no 5% das universidades lÃderes (percentil 95).
O ránking internacional está encabezado pola Universidade de Wageningen (Holanda); e en España, pola Universidade Complutense de Madrid (posición 38 a nivel mundial).
No cómputo español, a UDC é a cuarta universidade máis sustentable, das 28 presentadas.
Análise por eixos
Infraestruturas, EnerxÃa e cambio climático e Auga son os sectores nos que se deu unha mellora respecto da puntuación obtida en anos anteriores. Ao mesmo tempo, mantense a puntuación para Residuos e Transporte. Por outra banda, EnerxÃa, Residuos e Educación son os eixos cunha mellor posición a nivel mundial. Cabe destacar a mellora substancial na puntuación obtida en Infraestruturas, de 325 puntos respecto o 2020, o cal permitiu mellorar en 253 posicións o posto en dito Ãtem e situarse como a segunda Universidade española con mellor resultado, só por detrás da Universidad de Alcalá de Henares. No eixo de Educación e investigación, a UDC mantense no percentil 94 mundial e é, ademais, a lÃder no Estado español neste eixo de valoración.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.