//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
29 cargos municipais do PP de Lugo, encabezados pola Presidenta Provincial, Elena Candia e o Voceiro Provincial, Antonio Ameijide, visitaron as instalacións de Aspnais para coñecer directamente a realidade desta Asociación. Vinte deles eran Alcaldes ou tenentes de Alcalde, e nove voceiros representantes do PP nas respectivas Corporacións. Participaron os alcaldes de Abadín, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guntín, O Incio, Monterroso, As Nogais, Pastoriza, Portomarín, Riotorto, O Vicedo, O Corgo, Outeiro de Rei, Paramo, Pastoriza; Alcaldesa de Rábade, Tenente de alcaldesa de Paradela e tenente de Alcalde de Palas de Rei.
A Eurocidade Chaves-Verín acolleu a xornada de presentación do proxecto TRANSFIRESAÚDE, coordinado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) e destinado a fortalecer o ecosistema de investigación e innovación sanitaria na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este proxecto europeo ten como finalidade desenvolver solucións conxuntas e innovadoras, principalmente no ámbito da intelixencia artificial, abordando os retos vencellados ao envellecemento activo e saudable e á medicina personalizada, especialmente no ámbito da atención primaria de saúde.
A Xunta salienta que os sistemas de control da calidade do aire constatan que Galicia cumpre cos valores establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS), o que, ademais, supón unha boa base para afrontar os novos obxectivos establecidos pola Unión Europea e a OMS para o ano 2030 neste eido. De feito, a Xunta realizou xa unha análise para coñecer a repercusión na calidade do aire de Galicia dos novos parámetros de cara a 2030. Nesa liña, analizáronse os datos recollidos pola Rede de Estacións no período 2018-2022 en base aos parámetros da nova directiva. A maiores, fíxose unha proxección das emisións na Comunidade en 2030, coa que se realizou unha simulación do estado da calidade do aire á que tamén se lle aplicaron os novos valores límite.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta tarde a unha pregunta oral no Parlamento sobre a loita contra a LGTBIfobia. Durante a súa intervención, anunciou que a Xunta de Galicia instalará puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán: Portamérica (Portas), Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, Atlantic Fest (Vilagracía de Arousa), Morriña Fest (A Coruña), Río Verbena (Pontevedra) e Caudal Fest (Lugo). Fabiola García destacou a boa acollida do punto lila e arcoiris do Son do Camiño, en Santiago, que foi o primeiro festival en contar con este servizo.
Tivo lugar a presentación da oitava edición do Rompetiño Fest, que contará coas clásicas competicións deportivas do Rompetiño -basket 3x3, break dance, BMX e skate-, todas elas disciplinas olímpicas, e coa participación de deportistas galegos como a skater Julia Benedetti, que estará en París nos seus segundos Xogos; os baloncestistas Marta Canella e Carlos Martínez que están nas seleccións nacionais de 3x3; a ciclista Ainoa Posada, campioa de España infantil de pump track; así como o b-boy David Amor e a b-girl Alicia Babarro, campións de España de break dance sub 21 e júnior, respectivamente.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que o Consello de Goberno vén de dar luz verde á 'gratuidade da matrícula para os estudos de grao universitario, así como para os de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos', tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos, unha medida que será aplicable para o próximo curso e coa que, ademais, se cumpre un 'compromiso adquirido para os primeiros 100 días de goberno'.
Sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades. Son os ingredientes da gala show cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia 2024 que organiza a Xunta de Galicia o vindeiro 9 de xullo en Santiago de Compostela na súa estratexia de promoción do turismo gastronómico e urbano. A gala celebrarase no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, unha cita consolidada que vai xa pola súa oitava edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega. Os sete cociñeiros que se disputarán o título foron galardoados nos certames de tapas de cadansúa cidade.
Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e da Unión Europea. Desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050 (EGCCE 2050), as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%, tres veces máis que a media española (6%) e que a europea (6,1%). Nesta liña, no ano 2022 naceu a Alianza galega polo clima, co obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática. Esta iniciativaque conta xa con máis de 140 entidades adheridas, entre universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, recolleu hoxe en Bruxelas o premio a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que recoñece a aposta da Xunta por desenvolver o potencial das nosas catro provincias a través de actividades empresariais que contribúan a fixar poboación. O acto celebrouse no marco da 161 sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións e alí o conselleiro destacou que se viu recoñecida a proposta O rural como espazo competitivo para emprender, que persegue visibilizar a Galicia non urbana como un territorio cheo de oportunidades, tanto para os residentes, como para os galegos retornados ou os moitos que elixen a nosa terra para establecerse.
O alumnado galego volve destacar en PISA e sitúase no grupo de cabeza de España con mellores resultados en pensamento creativo, segundo se desprende dos datos do informe español dado a coñecer hoxe. Galicia obtén unha puntuación media de 34,3 puntos, 1,5 por riba da medida de España (32,8 puntos), 1,6 dos países da OCDE (32,7 puntos) e 2,2, da Unión Europea (32,1). No panorama español, a nosa Comunidade sitúase entre as tres onde se rexistraron mellores resultados, a tan só cinco décimas de Madrid, que encabeza o ránking con 34,8 puntos, e tres décimas de Castela e León, que ocupa a segunda posición con 34,6. Son, xunto a Asturias, as catro únicas autonomías que superan os 34 puntos, o que as sitúa no nivel 4, o mesmo no que se atopan os países con mellores puntuacións de todo o mundo.
José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira recolleron este martes 23 o premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade, un traballo que veu a luz na Revista Galega de Economía.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, abren a convocatoria da XX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.
Promocionar o envellecemento saudable e buscar maneiras de previr e tratar a soidade non desexada nas persoas maiores. Este é o obxectivo do convenio asinado este luns pola Universidade, a Área Sanitaria de Vigo e a Sociedade Galega de Xeriatría, un acordo co que as tres institucións tratarán de unir forzas na prevención nunha das cuestións con maior impacto na saúde das persoas maiores.
Unha investigación da USC e da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) analizou como se informou a cidadanía en España durante a pandemia da COVID-19 e a súa percepción sobre o papel de xornalistas, medios, comunidade científica e autoridades gobernamentais e sanitarias.
O profesor Ricardo Cao Abad tomou posesión como reitor da Universidade da Coruña nun acto institucional celebrado ante multitude de persoas no Paraninfo da Reitoría e no que tamén tomaron posesión dos seus cargos os membros do novo equipo de goberno na UDC. O novo reitor pronunciou o primeiro discurso do seu mandato, afirmando que desenvolverá a súa acción de goberno baixo o lema que entende a universidade pública feita entre todas as persoas.
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran un ano máis co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na elaboración da versión en lingua galega do seu Calendario Científico Escolar. A UDC é a única entidade galega participante nesta colaboración, levada a cabo desde o ano 2019.
A proliferación das informacións falsas, imprecisas ou enganosas que se difunden a través das redes sociais e das aplicacións de mensaxería, converténdose nalgúns casos en virais, tense convertido nunha preocupación de primeira magnitude para gobernos e institucións internacionais, dado que pon en risco a estabilidade dos sistemas políticos democráticos e constitúe unha seria ameaza para a credibilidade dos medios de comunicación.
Estudantes do Campus Terra da USC revitalizan o medio rural con GA-LINK, unha plataforma dixital premiada na terceira edición do Terra Creative Jam, a través da que se dá a coñecer ao público interesado a oferta de lecer, así como as distintas actividade e eventos programados nos distintos territorios da xeografía galega. Esta ferramenta xurdiu no evento de xeración de ideas promovido polo Campus Terra xunto coa Área de Valoración, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC.
O equipo de investigación de Memoria Democrática da Universidade de Santiago iniciou en Santa María do Val (Narón) o proceso de busca dunha das fosas de vítimas do golpe de 1936 máis grandes de Galicia. Son polo menos 50 as familias que están a buscar familiares e parentes asasinados despois da sublevación militar en Ferrol de xullo de 1936 e que poden estar enterrados no cemiterio do Val.
Máis do 50% das medidas da calidade do aire nas rúas de Santiago superan a recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS) para o número de partículas en aire de diámetro inferior a 2.5 micras (PM2.5), segundo o estudo Cycling with Clean Air (CWCA) realizado no 2023 pola Asociación Cívica Composcleta en colaboración coa Universidade de Santiago.