
Ao longo dos 12 meses do ano, o calendario achega 366 efemérides do ámbito científico e tecnolóxico (nacementos de persoeiros, conmemoracións de descubertas ou achegas destacables etc.), e está dirixido, principalmente, ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. Alén diso, vai acompañado dunha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal nas aulas, que responde aos principios de inclusión, normalización e equidade e atende ás pautas xerais de accesibilidade (tarefas con distinto grao de dificultade, efemérides redactadas nunha linguaxe sinxela ou texto en formato plano para a súa entrega mediante tecnoloxía texto a voz ou TTS). Esta edición ten como novidade a presenza de actividades lúdicas, como por exemplo o xogo da oca, ao tempo que se manteñen as efemérides en lectura sinxela como recurso de apoio para estudantes con dificultades na competencia de lectoescritura.
Tanto o calendario como a guía están dispoñibles desde o día 9 de xaneiro en aberto para a súa descarga gratuíta na seguinte ligazón: https://eventociencia.es/calendario-cientifico-escolar/.
Esta iniciativa enmárcase nun proxecto da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) co obxectivo de contribuír a fomentar a cultura científica entre a xuventude e crear referentes que lle resulten próximos, así como promover as vocacións científico-técnicas, usando unha linguaxe non sexista, e aumentar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas. Ten, ademais, a virtualidade de que se trata dun proxecto plurilingüe que respecta a realidade lingüística estatal, de modo que amais do galego tamén está dispoñible noutras 10 linguas. Por todo isto resultou merecente do I Premio CSIC de Divulgación Científica y Ciencia Ciudadana na categoría de Obra Unitaria no 2023.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.