
Ademais, Galicia, xunto con Madrid e Castela e León, destaca tamén en dúas variables especialmente significativas cando se analizan os resultados con maior detalle. Por unha banda, son as tres comunidades con maior porcentaxe de alumnado en niveis altos de rendemento en pensamento creativo. E, por outra, son as que presentan menor porcentaxe de alumnado no nivel baixo, é dicir, os que non acadan o nivel básico.
Así pois, Galicia volve destacar unha vez máis nos resultados PISA, desta vez nunha nova variable que avalía a competencia en pensamento creativo dos estudantes de 15 anos de idade (4º de ESO) co obxectivo de determinar o grao de preparación dos sistemas educativos para que os estudantes pensen de forma creativa en distintos contextos.
Analizar ideas e obter bos resultados
A proba, que forma parte do conxunto das realizadas ao abeiro do Informe PISA 2022, explora ata que punto os alumnos poden xerar ideas diversas e creativas e avaliar e mellorar as ideas de outros para acadar resultados creativos. Para isto, os alumnos tiveron que desenvolver tarefas en catro áreas específicas que foron expresión escrita, expresión visual, resolución de problemas sociais e resolución de problemas científicos.
Tendo en conta a variable xénero, as diferenzas de rendemento de pensamento creativo é en todos os casos favorable ás mulleres, un comportamento que tamén se dá en Galicia, onde as mozas obteñen 2,2 puntos máis que os mozos, exactamente na mesma liña da media de España, e unha diferencia algo inferior aos 2,7 puntos da media da OCDE.
O mesmo acontece atendendo ao nivel socioeconómico, onde os estudantes de contextos favorables presentan un rendemento superior que os seus compañeiros de contextos desfavorecidos, aínda que está diferencia é máis atenuada en Galicia que no conxunto de España e da OCDE, dado que o galego é un dos sistemas educativos máis equitativos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.