
Froito desta experiencia, outros seis eventos das mesmas características contarán con cadanseu punto con actividades para promover a igualdade entre os asistentes, ademais de ofrecer atención especializada e continuada por parte de psicólogas e sexólogas para previr e actuar ante posibles agresións sexuais e LGTBIfóbicas.
Un obxectivo que tamén se persegue nos locais de ocio nocturno. No marco do Protocolo de actuación nestes espazos, máis de medio cento de profesionais do sector xa recibiron a formación necesaria para previr, detectar e responder ante estas situacións e ofrecer ás posibles vítimas a asistencia que necesitan, evitando así a súa revitimización.
A conselleira lembrou que Galicia foi pioneira en 2014 coa aprobación da primeira lei autonómica contra a discriminación das persoas homosexuais, transexuais, bisexuais e intersexuais. Dende entón, asegurou, o compromiso da Xunta de Galicia con esta causa non fixo máis que intensificarse, cunha nova Lei de igualdade ou a posta en marcha do servizo 028 Arco da Vella.
Fabiola García apuntou, ademais, que dende o ano 2009 o Goberno galego multiplicou por catro o orzamento en materia de igualdade, que este ano ascende ata os 54 millóns de euros. Con respecto ao ano pasado, a Xunta duplicou a partida destinada a apoiar o movemento asociativo LGTBI, a impulsar o Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero, e a reforzar a atención ás persoas LGTBI a través dos CIM, os Centros municipais de Información á Muller.
Fabiola García recoñeceu que aínda queda moito por facer na defensa dos dereitos das persoas homosexuais, bisexuais, transexuais e intersexuais e na loita contra calquera tipo de discriminación, pero garantiu o compromiso da Xunta de Galicia con esta causa apostando por máis investimento, máis protección legal, máis sensibilización e máis visibilidade.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.