//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O proxecto XuvenCiencia. Fago, logo aprendo, promovido polo grupo de innovación docente homónimo da USC, comeza este venres 10 a súa andaina coa sesión inaugural da VI Xornada para profesorado, que suporá que ducias de docentes de ensino medio de toda Galicia recibirán no Campus de Lugo formación específica sobre proxectos de experimentación e innovación científica que despois trasladarán ás aulas dos seus institutos e colexios para espertar vocacións científicas entre a mocidade. O proxecto XuvenCiencia incide nalgunhas das destrezas de levar a aprendizaxe científica e tecnolóxica da aula aos casos prácticos do día a día que máis se teñen en conta en avaliacións de calidade internacional como o informe PISA da OCDE.
O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar hoxe as cifras de movementos migratorios, tanto as definitivas de 2018 como as provisionais do primeiro semestre de 2019. Neste marco, cómpre salientar que Galicia, segundo os datos oficiais, incrementou o saldo migratorio co estranxeiro nun 37% neste período con respecto aos primeiros seis meses do 2018. Así, se no semestre inicial dese 2018 a comunidade sumou 5.126 habitantes máis dos que saíron, no período equivalente do ano pasado a diferencia positiva ascendeu ata os 7.026. Deles, 902 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 12% en relación aos 6 meses iniciais de 2018.
O Tribunal Supremo dá a razón ao Goberno galego e anula a sentenza emitida o pasado mes de outubro, na que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos. O Executivo autonómico presentou en novembro un incidente de nulidade logo de entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva, dado que a sentenza pretendía anular un artigo do decreto 12/2017 que xa estaba contido previamente na lei 7/2011. Agora o Alto Tribunal atende as reclamacións formuladas desde Galicia e anula o fallo emitido. Ao mesmo tempo, desestima as alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado.
Galicia iniciará neste 2020 a universalización da educación infantil, que permitirá que a partir do 1 de abril as escolas infantís de 0 a 3 anos sexan gratuítas para todas as familias galegas para os segundos fillos e sucesivos. A gratuidade para os segundos fillos e sucesivos implantarase tanto nas 173 escolas públicas da Xunta como nas 260 escolas infantís privadas e de iniciativa social, tanto nas que xa están concertadas a día de hoxe como nas que non o están. Esta iniciativa, pioneira e sen precedentes en toda España, beneficiará ás familias duns 12.500 nenos. Ademais, a partir do próximo curso o Goberno galego tamén achegará fondos para facilitar que as escolas infantís municipais poidan introducir a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos.
As nenas e nenos galegos nados a partir do un de xaneiro xa teñen dereito á Tarxeta Benvida coas diferentes melloras introducidas para seguir apoiando a crianza e coidado dun bebé. As pequenas e pequenos nados desde o primeiro día deste 2020 verán nesta axuda importantes novidades como o aumento da contía as familias numerosas ou das que viven no rural. En canto as melloras xa implantadas, increméntase un 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, para apoiar aos fogares con fillos no rural. Duplícase tamén a cantidade que perciben as familias polo seu terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, de xeito que recibirán 2400 euros anuais.
A Xunta activa mañá a extensión da gratuidade do autobús interurbano a todos os menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova nas áreas de Transporte Metropolitano. Esta ampliación, enmarcada no Plan de transporte público de Galicia, permitirá que a partir de mañá os mozos con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos poidan realizar viaxes de balde no transporte público, medida que ata agora se limitaba ata os 18 anos incluídos. O Goberno galego destinará no ano 2020 unha partida de máis de 2,6 millóns de euros para materializar esta iniciativa, o que supoñería un incremento de máis do 52% na bonificación, pois no ano 2018 realizáronse bonificacións por importe de máis de 1,7 millóns euros.
Galicia volveu reducir no ano 2018 a taxa de risco de pobreza, ao tempo que baixou ata mínimos históricos os indicadores que miden a desigualdade de ingresos e o número de fogares con dificultades económicas, segundo mostran os datos anuais da Enquisa Estrutural a Fogares publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social (indicador AROPE) de Galicia baixou por terceiro ano consecutivo en 2018, ao pasar do 20,26% ao 18,95%. É a primeira vez que este indicador baixa do 20% en toda a serie histórica, que comeza en 2011. En canto á taxa de risco de pobreza, tamén baixa por terceiro ano e sitúase no 15,51%.
Galicia rexistrou ao longo do ano 2018 a mellor evolución da súa poboación dos últimos nove anos, segundo reflicten os datos do Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2019. A poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2019 situouse en 2.699.499 persoas, o que supón un descenso do 0,08% en comparación coa mesma data do ano anterior, a mellor evolución do padrón municipal galego desde o ano 2010. Esta mellor evolución da poboación galega é consecuencia directa do bo comportamento do saldo migratorio, toda vez que Galicia conseguiu atraer milleiros de novos habitantes procedentes de fóra da comunidade autónoma.
A Xunta de Galicia organiza a fase final do primeiro torneo autonómico de League of Legens (LOL) esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. Neste certame, posto en marcha pola Consellería de Política Social, participan 80 mozas e mozos de diferentes municipios de toda a comunidade. O obxectivo é configurar un completo fin de semana de competición entre os 16 equipos que se clasificaron para a fase final. Cómpre lembrar, que nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasificouse un equipo de cada zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía) son dous os equipos que chegaron á fase final. Cada un destes equipos está formado por cinco persoas.
O inverno boreal comezará este domingo 22 ás 5.19 horas. A estación prolongarase ata o 20 de marzo ás 4.49 horas, momento en que se iniciará a primavera. A estación invernal no hemisferio norte é a de menor duración, 88,99 días, fronte aos 89,85 do outono, 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, o inicio do inverno coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose neste intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) o que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas na nosa latitude. Así, as tardes xa comezaron a medrar dende o día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis.
Pepe Solla, Javier Olleros, Xoán Crujeiras, Taky e Héctor López preparan un prato espcífico co que se compón un menú de cogomelos que se degustará no restaurante do Centro Superior de Galicia (CSHG). A iniciativa, que nace da colaboración de Galicia co Congreso Soria Gastronómica, foi presentada en Compostela.
A Adminitración galega e o clúster de nutrición e alimentación traballan cos profesionais da saúde e distintas persoas que coñecen o tema da obesidade infantil, nunha posta en común dos nosos medios e coñecementos. O noso obxectivo é encarar o problema de forma conxunta, e interviñendo sobre os diversos factores de risco.
A Xunta reserva a este colectivo seis prazas de emprego público, e na Oferta de Emprego deste ano o Goberno galego aumentou a 33 o número de prazas. Para desenvolver este proceso, a Consellería de Facenda está a colaborar coas organizacións Fademga e Down Galicia.
Esta ferramenta conta cunha aplicación web, dende a que o centro envía as mensaxes, e cunha aplicación móbil para smartphones na que as familias poderán recibir esas comunicacións. Integrarase en todas as escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Axencia Galega de Servizos.
Nas oito edicións celebradas, Santiago(é)tapas superou xa as 245.000 tapas vendidas; e rematou a oitava con máis de 31.000 tapas consumidas nos 69 locais participantes. Estas cifras ratifican ao evento non só como promotor da gastronomía local e como atractivo turístico, senón tamén como dinamizador do consumo e incentivo de calidade.
La Casa de Galicia en Madrid acogió la presentación de la campaña promocional diseñada por el Concello de Ourense que lleva por título Ourense, un Plan Perfecto y que será visible en mupis de Ponferrada, Santiago, A Coruña, León y, sobre todo, de Madrid, donde se concentrarán en Atocha, Chamartín y la parada de metro de la T4.
Feijóo salienta que coa Súa Maxestade Felipe VI e con Vicente del Bosque refórzanse os valores e sentimentos do Camiño: Estamos a falar dunha persoa que se compromete coa sociedade, que o foi todo e que o fixo todo con independencia e cunha enorme honestidade.
O 061 de Galicia e os Bolechas melloran a formación en primeiros auxilios dos escolares cunha nova colección de contos. O xerente do Servizo Galego de Saúde destacou a importancia de que os nenos se formen desde idades temperás e a través de personaxes coñecidos porque desta maneira a aprendizaxe é moito máis sinxela, incrementa o interese por aprender.
O Consello da Cultura Galega (CCG) promove un encontro de especialistas o 18 de outubro en Santiago de Compostela para debatir sobre a Responsabilidade Social Corporativa en galego. Ademáis de visualizar o panorama xeral, a xornada centrarase na incorporación da RSE en galego como estratexia de xeración de valor para os grupos de interese.
Turismo de Galicia mantén xuntanzas de traballo cos principais operadores italianos, especializados nesta modalidade turística. O turismo de Italia, que xa supón o segundo mercado emisor internacional máis importante logo de Portugal, medrou un 3,5% no nº de viaxeiros aloxados nos oito primeiros meses do ano.