Noticias

XuvenCiencia 2020 comeza a súa andaina coa súa xornada de formación de profesorado

O proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’, promovido polo grupo de innovación docente homónimo da USC, comeza este venres 10 a súa andaina coa sesión inaugural da ‘VI Xornada para profesorado’, que suporá que ducias de docentes de ensino medio de toda Galicia recibirán no Campus de Lugo formación específica sobre proxectos de experimentación e innovación científica que despois trasladarán ás aulas dos seus institutos e colexios para espertar vocacións científicas entre a mocidade. O proxecto XuvenCiencia incide nalgunhas das destrezas de levar a aprendizaxe científica e tecnolóxica da aula aos casos prácticos do día a día que máis se teñen en conta en avaliacións de calidade internacional como o informe PISA da OCDE.

XuvenCiencia artéllase no curso académico 2019/2010 a partir de seis kits de investigación, que se mergullan na trazabilidade alimentaria a través de probas de ADN (DNA-Meat); miden a cantidade de proteína do leite a partir dun fotómetro móbil especialmente deseñado no campus de Lugo polo grupo XuvenCiencia (Fotometrix); pescudan todas as posibilidades da luz (Photonics Explorer); inícianse no cultivo de plantas in vitro (Vitroplant); rastrean os efectos do cambio climático nas concas hidrográficas (AquaLab); e propoñen unha introdución ao diagnóstico veterinario (Animal CSI).

A sesión de apertura desta xornada ‘XuvenCiencia para profesorado’ terá lugar este venres ás 17.00 horas na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria e contará coa participación de Montserrat Valcárcel, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, e Mercedes Novo, coordinadora de XuvenCiencia, un grupo multidisciplinar do Campus Terra no que participa profesorado das facultades de Ciencias e Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría ligado ás áreas de Química Física, Patoloxía Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias, Xenética, Enxeñaría Agroforestal, Bioquímica ou Produción Vexetal.

Durante a sesión de mañá, docentes de Secundaria recibirán os kits XuvenCiencia e participarán en obradoiros prácticos para iniciarse no deseño de proxectos. As actividades continuarán o sábado, en horario de mañá e tarde na Facultade de Veterinaria e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, onde proseguirá un traballo eminentemente práctico dirixido por profesorado do Campus lugués.

O proxecto XuvenCiencia incide nalgunhas das destrezas de levar a aprendizaxe científica e tecnolóxica da aula aos casos prácticos do día a día que máis se teñen en conta en avaliacións de calidade internacional como o informe PISA da OCDE. Como mostra da súa excelencia, a iniciativa desenvolvida dende o Campus Terra recibe un curso máis o apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), logo de ser valorado como o cuarto mellor proxecto dos máis de 250 de toda España presentados na categoría de ‘Creatividade e vocacións científicas’.

R., 2020-01-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES