
A cidade de Rimini, no oeste de Italia, acolle o certame TTG Incontri 2016 e Turismo de Galicia presenta neste certame a oferta turística da Comunidade galega no eido do turismo de negocios, relacionado cos congresos, convencións e reunións de empresa.
Esta é unha das reunións internacionais de turismo de negocios máis importantes do mundo na que os participantes entran en contacto cos operadores turísticos especializados de Italia.
Nesta feira, con formato workshop, os representantes da industria turística italiana teñen reunións de traballo con profesionais internacionais a través das que poden coñecer novos produtos e as posibilidades que ofrecen os distintos destinos para a organización de viaxes relacionadas co turismo de negocios.
Deste xeito, Turismo de Galicia estará presente nesta feira ata mañá para presentar directamente a oferta turística galega aos operadores italianos ao longo de dúas xorndas nas que se prevé a visita dunhas 60.000 persoas.
Demanda turística de Italia
Con máis de 58.000 viaxeiros aloxados e preto de 82.000 pernoitas no segmento hoteleiro, o mercado italiano consolidouse este verán como o segundo máis importante de Galicia, por detrás de Portugal.
Polo que respecta aos oito primeiros oito meses de 2016, superouse nun 3,5% a cifra de viaxeiros italianos aloxados e nun 2,4% o volume de pernoitas do mesmo período de 2015.
Ademais, con preto de 150.000 pernoitas hoteleiras, o mercado italiano representou neste período o 11,4% do total internacional da comunidade, consolidándose tamén nestes oito primeiros meses como o segundo mercado en orde de importancia por detrás de Portugal.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.