Notas de prensa

Preséntase TokApp, un servizo de mensaxería entre escolas infantís e familias

Esta ferramenta conta cunha aplicación web, dende a que o centro envía as mensaxes, e cunha aplicación móbil para smartphones na que as familias poderán recibir esas comunicacións. Integrarase en todas as escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Axencia Galega de Servizos.

O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, presentou na escola infantil de Ames-Bertamiráns a aplicación TokApp, un sistema de mensaxería que permitirá aos centros comunicarse de xeito máis doado e rápido coas familias dos nenos e nenas que acoden ás escolas infantís da rede Galiña Azul, nas que se inscriben as escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e aquelas dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais. Alí, a empresa creadora da aplicación, TokApp School, realizou unha demostración técnica do funcionamento da mesma.

Esta innovación consta de dúas partes diferenciadas: a aplicación web, dende a que os profesores/as e o persoal do centro crean e envían as mensaxes; e a aplicación móbil, de descarga gratuíta en smartphones e outros dispositivos electrónicos nas que as familias poderán recibir estas mensaxes.

O sistema presenta múltiples vantaxes entre as que destacan a atención personalizada , o aforro de tempo e a facilidade de uso da aplicación. Ademais, permite rexistrarse de balde, sen amosar o número de teléfono e as notificacións envíanse a un ou varios destinatarios respectando sempre a privacidade dos datos persoais. TokApp tamén ofrece a opción de que a comunicación sexa bidireccional, de xeito que se o centro ou os profesores o requiren, os pais e nais poderán contestar á mensaxe enviada por parte do persoal do centro ao que asisten os seus fillos.

Para o seu correcto e eficiente funcionamento, a empresa propietaria da aplicación está a realizar cursos de formación a cada unha das direccións das escolas infantís. A día de hoxe, 15 escolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 44 escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais xa foron obxecto desta formación e en vindeiras datas a aplicación estará operativa en todas e cada unha das escolas infantís da Consellería de Política Social. Nun principio os administradores da aplicación serán ás direccións dos centros.

O conselleiro en funcións amosou a súa satisfacción pola posta en marcha desta aplicación, e destacou que “o avance das novas tecnoloxías nos últimos anos é unha evidencia á que non queremos dar as costas”. Por elo a Consellería de Política Social pón a disposición das escolas e das familias esta aplicación que “redundará no benestar e aforro de tempo dos pais e nais, pero sobre todo, no benestar e no coñecemento da evolución dos nenos e nenas nas escolas”, afirmou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES