Noticias

Galicia sumou no primeiro semestre do ano pasado 7.026 habitantes, cun incremento do saldo migratorio co estranxeiro dun 37% con respecto ao mesmo período do 2018

O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar hoxe as cifras de movementos migratorios, tanto as definitivas de 2018 como as provisionais do primeiro semestre de 2019. Neste marco, cómpre salientar que Galicia, segundo os datos oficiais, incrementou o saldo migratorio co estranxeiro nun 37% neste período con respecto aos primeiros seis meses do 2018. Así, se no semestre inicial dese 2018 a comunidade sumou 5.126 habitantes máis dos que saíron, no período equivalente do ano pasado a diferencia positiva ascendeu ata os 7.026. Deles, 902 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 12% en relación aos 6 meses iniciais de 2018.

Este incremento de case 2.000 persoas cobra máis relevancia aínda se se ten en conta que o 2018 rexistrou o mellor dato histórico deste saldo migratorio tras duplicar os rexistros de 2017.

Cabe destacar tamén que os menores de 45 anos supoñen máis do 72,5% do total de novos habitantes, sumando este grupo de idade 5.105 persoas máis das que saíron. Así mesmo, a provincia de Pontevedra é a que experimenta unha maior suba poboacional, gañando 2.684 persoas, seguida da Coruña (2.572), Ourense (890) e Lugo (880).

No que respecta ás nacionalidades, a que máis presenza ten nos datos é a venezolana, coa chegada de 2.453 persoas máis das que saíron, seguida de Colombia (920), Brasil (654) e O Perú (472).

Esta tendencia á alza dos datos provisionais do primeiro semestre do 2019 non fan se non constatar as cifras definitivas de 2018, que reflicten un saldo positivo en Galicia –tendo en conta os movementos co resto de comunidades autónomas- de 13.252 persoas máis das que saíron.

O maior incremento deste saldo respecto ao 2017 recóllese nos estranxeiros, con 10.062 persoas –un aumento do 110%-; e tamén existe un elevado incremento do saldo dos españois, con 3.190, o que supón unha mellora do 72,8%.

R., 2020-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES