Notas de prensa

Seis cociñeiros galegos elaboran o menú Busca Setas co mellor da gastronomía galega de temporada

Pepe Solla, Javier Olleros, Xoán Crujeiras, Taky e Héctor López preparan un prato espcífico co que se compón un menú de cogomelos que se degustará no restaurante do Centro Superior de Galicia (CSHG). A iniciativa, que nace da colaboración de Galicia co Congreso Soria Gastronómica, foi presentada en Compostela.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia acolleu a presentación de ‘Busca setas’, unha iniciativa que nace da colaboración de Galicia co Congreso Soria Gastronómica.

Cinco cociñeiros galegos, xunto co Centro Superior de Hostelería de Galicia, representaron á comunidade autónoma galega na quinta edición deste coñecido evento micolóxico internacional que se celebrou hai uns días na cidade castelá.

Agora, volven a participar na XV edición do ‘Busca Setas’, unha iniciativa onde os cociñeiros de toda Castela y León ofrecen aos seus comensais un menú degustación feito con cogomelos da rexión, xa sexa como elemento principal ou como acompañante.

Galicia terá tamén o seu protagonismo nesta actividade participando a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia, xunto cos cociñeiros Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau), Xoán Crujeiras (A Estación de Cambre), Javier Rodríguez Ponte “Taky” (Boketé) e Héctor López (Restaurante España).

No marco da iniciativa, cada un destes cociñeiros elaborará un prato con cogomelos configurando o seguinte menú degustación que se poderá degustar no restaurante á carta do CSHG entre o 8 e o 11 de novembro de 2016.

Menú degustación

TARTAR DE BOLETUS E OSTRAS
Javi Olleros - Culler de Pau

SETAS ESTOFADAS, APIO, NABO E TERRA
Pepe Solla - Restaurante Casa Solla

GUISO DE NÍSCALOS CON FABAS E OVO A 65ºC
Carlos García - CSHG

BACALLAU CON BOLETUS E TRUFA NEGRA
Taky – Boketé

PERDIZ EN DÚAS COCIÓNS, SETAS E CASTAÑAS
Héctor López – Restaurante España

TARTA DE CASTAÑAS CON XEADO DE BOLETUS
Xoán Crujeiras – A Estación de Cambre e Bido

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES