Notas de prensa

Remárcase a importancia de educar aos nenos e nenas en hábitos de vida saudables para evitar o sobrepeso

A Adminitración galega e o clúster de nutrición e alimentación traballan cos profesionais da saúde e distintas persoas que coñecen o tema da obesidade infantil, “nunha posta en común dos nosos medios e coñecementos. O noso obxectivo é encarar o problema de forma conxunta, e interviñendo sobre os diversos factores de risco.

A Facultade de Medicina acolleu o acto de inauguración da XVII Reunión da Sociedade Española de Nutrición, que contou coa presenza dos conselleiros en funcións de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; do Mar, Rosa Quintana Carballo; e do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto.

Na súa intervención, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou a importancia de educar aos nenos e nenas en hábitos saudables dende idades temperás, posto que é a medida preventiva máis eficaz para mellorar a súa saúde ao longo de toda a vida do individuo. Tamén amosou a súa preocupación xa que o 25% dos escolares galegos de 6 a 15 anos teñen sobrepeso e o 8,2% obesidade,

Sanidade, -dixo o conselleiro-, está a traballar dende hai tempo, xunto coa Consellería de Educación, con outras administracións, co clúster de nutrición e alimentación, cos profesionais da saúde e con todo aquel que poida aportar coñecementos sobre a obesidade, “nunha posta en común dos nosos medios e coñecementos. O noso obxectivo é encarar o problema de forma conxunta, e interviñendo sobre os factores de risco. Fixemos unha aposta decidida pola utilización das novas tecnoloxías, especialmente atractivas nestas idades, co obxectivo de lanzar iniciativas para fomentar hábitos de vida saudables”.

Así, referiu a boa acollida que está a ter a iniciativa Xente con Vida, sitio temático oficial da Consellería de Sanidade sobre hábitos de vida saudables, que ten como obxectivo fomentar unha alimentación sana e a práctica do exercicio físico.

Outra das iniciativas da Administración sanitaria galega referidas polo conselleiro é o Plan Xermola, de loita contra a obesidade infantil, que pretende o mellor nivel de saúde presente e futuro dos nosos nenos e nenas.

Tamén fixo fincapé nos anciáns. Neste caso, a presenza de malnutrición na idade avanzada expón aos individuos en risco a desenvolver problemas tales como máis ingresos e estadías hospitalarias, maior grao de dependencia en actividades da vida diaria; debilidade muscular, caídas, fracturas e retraso na recuperación, ademais da perda da capacidade funcional e incluso incapacidade.

Para rematar a súa intervención subliñou que “a nutrición é un dos instrumentos máis válidos e efectivos que temos para protexer a nosa saúde. Sen embargo, cada vez observamos unha maior incidencia de enfermidades relacionadas coa alimentación. Ante isto, é necesario que os profesionais da saúde e as institucións tomemos cartas no asunto para frenar esta situación e mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación. Para iso, a educación, a formación, e a información son as ferramentas máis poderosas que temos”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES